Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxÃas avanzadas de mapeo e intelixencia espacial
xoves, 11 de xuño do 2026
O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxÃas avanzadas de mapeo, intelixencia espacial e dixitalización operativa por parte das empresas mediante o impulso de dous proxectos de I+D: LEDITIA e XESTA. Ambas as iniciativas están financiadas pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta no marco do programa Nexos 2025, e co-financiado pola UE a través de Fondos Europeos e o Programa Galicia FEDER 2021–2027.
Unha resposta ás novas necesidades das empresas
As empresas operan cada vez en contornas máis complexas, dinámicas e conectadas. Terminais loxÃsticas, plantas industriais, instalacións produtivas e espazos de alta actividade requiren ferramentas capaces de integrar información, representar datos sobre o espazo fÃsico e apoiar a toma de decisións de forma máis áxil e precisa.
Neste contexto, as tecnoloxÃas de mapeo avanzado e intelixencia espacial están a adquirir un papel estratéxico. Xa non se trata só de representar un espazo nun mapa, senón de converter esa representación nunha ferramenta útil para visualizar procesos, localizar activos, coordinar equipos, xestionar alertas, analizar fluxos e anticipar incidencias. Nexos 25 responde a esta demanda mediante dous proxectos complementarios: LEDITIA, centrado na loxÃstica portuaria, e XESTA, enfocado na xestión do traballo e as alertas en contornas industriais.
LEDITIA: mapeo, datos e xemelgos dixitais para a loxÃstica portuaria
LEDITIA é un proxecto orientado a mellorar a eficiencia operativa, a rastrexabilidade e a toma de decisións en terminal loxÃsticas portuarias mediante o desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica baseada en xemelgos dixitais. O seu obxectivo é replicar virtualmente o comportamento dunha terminal loxÃstica e conectar esa representación coa operativa real.
O proxecto integra sensores, internet das cousas (IoT), intelixencia artificial e modelos de análises de datos para monitorar, analizar, simular e predicir o que ocorre na terminal. Con iso, busca optimizar o seu funcionamento, reducir movementos innecesarios, mellorar a rastrexabilidade de activos e contribuÃr a unha loxÃstica máis eficiente, conectada e sostible.
LEDITIA desenvólvese en consorcio onda Kaleido Logistics, Cinfo, Srec Solutions e Situm, que achegan capacidades complementarias en optimización loxÃstica, procesamento de vÃdeo, automatización intelixente, rastrexabilidade, análise de datos e intelixencia xeoespacial interactiva.
XESTA: intelixencia espacial para a xestión do traballo e as alertas
XESTA —Xestión do Traballo e as Alertas— aborda a necesidade de mellorar a xestión operativa, a coordinación de equipos e a resposta ante incidencias en contornas industriais. O proxecto propón avanzar no desenvolvemento de novas capacidades tecnolóxicas para unha industria máis eficiente, conectada e baseada en información operativa.
O seu obxectivo é desenvolver un novo produto con alto potencial de mercado, orientado á xestión do traballo e das alertas en escenarios industriais. Para iso, combina tecnoloxÃas dixitais, IA, comunicacións en tempo real e capacidades de intelixencia espacial, con aplicación en empresas con procesos industriais, compañÃas auxiliares de enxeñerÃa e mantemento, provedores tecnolóxicos e outros actores do sector.
XESTA desenvólvese en consorcio onda Deicom, Insuiña, Dativic, Quobis e Situm, que achegan capacidades complementarias para o desenvolvemento dunha solución orientada a contornas industriais. O proxecto enmárcase, ademais, na evolución cara á Industria 5.0, combinando tecnoloxÃa, datos e comunicación operativa para xerar beneficios operativos, económicos e medioambientais.
Dous proxectos complementarios
AÃnda que LEDITIA e XESTA responden a ámbitos distintos ambos parten dunha mesma necesidade empresarial: dispoñer de solucións que permitan conectar os datos co espazo fÃsico para comprender mellor o que acontece, actuar con maior precisión e mellorar a eficiencia das operacións.
En ambos os casos, o mapeo avanzado e a intelixencia espacial permiten transformar información dispersa en coñecemento operativo contextualizado. Esta capacidade resulta clave para visualizar activos, zonas, roteiros, tarefas, alertas, incidencias e fluxos de actividade sobre contornas reais.
