A aplicación de videoconferencia móbil Google Duo ábrese ao público
martes, 16 de agosto do 2016
En maio Google
anunciou que estaba a preparar Duo, unha solución de videoconferencia
baseada en dispositivos móbiles, que buscan principalmente a simplicidade de
uso, optimizando tamén o uso do largo de banda da nosa conexión e sorprendendo
pola función Knock Knock (que amosa
un vÃdeo en vido da persoa que está a chamar antes de responder a súa
solicitude de videoconferencia); e agora confirman que xa están a espallar a
aplicación a nivel global, de xeito que os usuarios tanto de Android como de
iOS poderán comezar a gozar de Google Duo
a partires de hoxe.
Google Duo busca un funcionamento sinxelo, na liña de WhatsApp (ferramenta que
incorporará a videoconferencia para o ano que vén), de xeito que non haberá que
empregar a nosa conta de Google para identificarnos, senón que usaremos o noso
número de teléfono, polo que facer unha videochamada serÃa tan sinxelo como chamar
por teléfono, aÃnda que para iso serÃa preciso que ambos interlocutores contase
con aplicación de Duo instalada, algo que tardará en acontecer pois, aÃnda que
os smartphones con futuras versións de Android a inclúan preinstalada, non
parece probable que os usuarios actuais salten en masa a probar unha nova
aplicación que atende unha demanda que xa satisfán dende hai moito tempo Skype
e Facebook Messenger, cun uso bastante reducido no contorno móbil (onde o vÃdeo
pode considerarse unha intromisión demasiado grande).
Dende Google aseguran que Duo analiza constantemente a calidade da
comunicación, de xeito que axustarase
ao estado da rede, mellorando a calidade cando teñamos unha boa conexión, e
reducÃndoa con conexións lentas, para asà garantir a comunicación, sendo
incluso capaz de manter unha videoconferencia cando pasemos da nosa rede Wi-Fi
doméstica a unha rede móbil. Amais, as comunicacións estarán cifradas, polo que
as videoconferencias permanecerÃan agochadas de miradas alleas.
