A Nintendo 3DS estréase con erros
luns, 28 de marzo do 2011
- Mensaxe de erro aparecida na pantalla dunha usuaria española de Nintendo 3DS
O lanzamento
comercial da Nintendo 3DS está a ser moi potente, cunhas vendas sólidas para
unha novidade que aÃnda chega cun catálogo de xogos reducido e un prezo
elevado, o que ensombrece aÃnda máis o feito de que en distintos foros estean a
reportar que durante o uso da nova portátil de Nintendo pónselles a pantalla en
negro nalgúns momentos forzando a un reset
para poder seguir empregando o dispositivo, e nalgún
caso incluso cun texto indicando o erro.
Polo momento, dende
Nintendo recomendan instalar a última actualización do firmware da 3DS e,
de persistir o erro, contactar co servizo de atención ao cliente para
investigar o problema.
O fallo parece estar bastante espallado, detectándose tamén
en España, e non parece limitarse a uns xogos en concreto (incluso pasarÃa
coas aplicacións pre-instaladas na consola), e incluso hai usuarios que
aseguran que o erro
remite non coa actualización do firmware da 3DS senón formatando a tarxetas SD
incluÃda na consola.