Xiaomi anuncia un potente smartphone a un prezo moi reducido
mércores, 31 de xullo do 2013
O vindeiro 12 de agosto o fabricante chinés Xiaomi colocará
no mercado un novo smartphone moi
atractivo, o Red Rice, que será o máis económico do seu catálogo (799
iuans, uns 98 euros ao cambio) pese a ter unhas prestacións máis que
suficientes para a meirande parte de usuarios, pois estamos ante un terminal 3G
de dobre SIM, con pantalla IPS de 4,7 polgadas con Gorilla Glass 2, procesador
MediaTek MT6589T de catro núcleos a 1,5 GHz (cun procesador gráfico SGX544
PowerVR capaz de correr xogos en 3D e vídeo a 1.080p), 1 Gb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb),
cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles (con gravación de vídeo a 1.080p e 720p
respectivamente), Bluetooth 4.0, sistema operativo Android 4.2 coa capa de
personalización MIUI V5, batería de 2.000 mAh, un grosor de 9,9 milímetros e un
peso de 158 gramos. Venderase en negro, vermello e prata, aínda que tamén contará con maior diversidade de cores grazas a carcasas traseiras intercambiables.
- A cámara traseira do Xiaomi Red Rice ten un sensor de 8 Mpíxeles e grava vídeo a 1.080p
Sen dúbida estamos ante un smartphone que sería ben recibido no noso mercado (agás polo feito de gozar cunha conectividade de datos 3G un tanto limitada no que a redes europeas se refire), pola súa excelente relación entre prestacións e prezo, pero que supomos que non chegará directamente ao territorio europeo (aínda que existe un mercado de venda internacional destes dispositivos, numerosos foros dende os que fan pedidos conxuntos de terminais deste tipo e incluso unha empresa chamada Xiaomi España que, pese a non ser filial de Xiaomi chinesa, distribúe os seus produtos no noso territorio).
- O smartphone venderase en 3 cores distintas, pero poderá personalizarse mediante carcasas intercambiables