Vilagarcía estrea centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información

luns, 5 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O pasado sábado Vilagarcía de Arousa estreou centro da Rede de Dinamización na Avenida Juan Carlos I, nº 21 (esquina Rúa Castor Sánchez) para achegar ás novas tecnoloxías á poboación da vila, para o que contarán con 13 equipos informáticos, con lectores de DNI electrónico, impresoras (unha en cor e outra en branco e negro), proxector, cámara fotográfica dixital, escáner e cámaras web á disposición do público.
Ao acto de inauguración acudiu Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información; Montserrat Prado, delegada da Consellaría de Innovación e Industria en Pontevedra e Rosa Abuín Rodríguez, concelleira de Promoción Económica de Vilagarcía.

PUBLICIDADE