Artigos desta sección
Intermón Oxfam lanza Refugee, un videoxogo para chamar a atención do mundo sobre os refuxiados
Se tiveramos que chamar á atención dos máis novos sobre algún problema ou causa pola que loitar, probablemente que ninguén discutiría que unha das mellores maneiras posible é facelo a través dalgún videoxogo ou descarga para o teléfono móbil. A ONG Intermón Oxfam non dubidou en empregar esta estratexia para sensibilizar ó público, en especial ós cativos e rapaces, (...)
Ler máisEcovidrio lanza un xogo para móbiles sobre reciclaxe
Reciclar tamén é xogar, e viceversa. Polo menos, así o entende Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro que vén de poñer en marcha unha campaña sobre o reemprego do vidro a través dun xogo para o teléfono móbil. A iniciativa, que vai orientada sobre todo á mocidade (de aí que se elixira o móbil como canle de comunicación), foi desañada no plano técnico pola firma (...)
Ler máisO líder da casa Nintendo pídelle á industria que deixe de lado a violencia
Shigeru Miyamoto, alma mater de Nintendo, quere un mundo máis feliz, máis xusto e máis armonioso, e considera que os videoxogos, que tantas horas de lecer achegan hoxe en día a unha boa parte da poboación nova do planeta, teñen moito que dicir ó respecto. Así o fixo saber este xoves na Game Developer Conference de San Francisco, nun relatorio no que animou á (...)
Ler máisGears of War, recoñecido como mellor xogo do ano en San Francisco
O videoxogo Gears of War vén de recibir tres galardóns da man de desenvolvedores deste tipo de produtos no Game Developers Choice Awards (certame que forma parte do encontro GDC en San Francisco), incluíndo o recoñecemento ó mellor título. Este videoxogo, creado por Epic Games e Microsoft Game Studios, é ante todo unha proposta de acción que sitúa ó usuario (...)
Ler máisSyncere bota man da mitoloxía hindú para o videoxogo Mahabharata
Syncere Arts estalle a achegar aire fresco ó mundo dos videoxogos, abríndoos a todo tipo de contidos cos que nin sequera soñan os que só entran en materia coa violencia a esgalla, os atropelos e as trompadas no patio do colexio. En definitiva: que o eido dos videoxogos está a beber de moitas fontes e semella que mesmo lle valen aquelas das que só se fala (...)
Ler máisSae á luz o Wild Earth, un xogo para PC de safaris fotográficos
Discovery Networks, Discovery Communications e Empire Interactive veñen de anunciar o lanzamento dun novo xogo interactivo baseado en safaris fotográficos en África. Trátase do Wild Earth, unha creación que, en España, sairá ó mercado este mes de marzo, baixo o selo de Discovery Channel. Segundo asegura HardGame2, polas súas características, este xogo para PC (...)
Ler máisA feira GDC de San Francisco reúne até o venres a 12.000 profesionais do videoxogo
Unha boa parte da materia gris que desenvolve hoxe en día videoxogos no mundo estará presente estes días en San Francisco (Estados Unidos), onde se vai celebrar até o día 9 a feira Game Developers Conference, que semella encamiñada a chegar a onde non puído ou non quixo chegar a E3 de Los Angeles (onde só hai espazo para 5.000 participantes). A GDC, que (...)
Ler máisTrackMania: o tuning como estilo de vida
Hoxe en día, un xogo de coches que non lle permite ó usuario tunear o seu vehículo non semella un videoxogo actualizado cos tempos que corren (tunear, a fin de contas, é unha maneira de dicir “aquí estou” nunha sociedade que afoga e parece que se perpetúa a si mesma en serie). Enleadas aparte, a práctica do tuning é un das moitas posibilidades que ofrece (...)
Ler máisA ONU presenta un xogo en liña para loitar contra os desastres naturais
A Oficina para a Redución de Desastres das Nacións Unidas, vén de presentar Stop disasters (Deteñamos os desastres), un videoxogo que ten como obxectivo amosarlle á mocidade vieiros para implementar nos lugares onde viven medidas preventivas ante o risco de desastres naturais. Este videoxogo, que non ten nada que ver cunha boa parte das últimas novidades do (...)
Ler máisTiger Woods PGA Tour 07: simulación real do golf (e sen especulación de por medio)
Tiger Woods PGA Tour 07 é un deses xogos que, de tanto achegarse á realidade da práctica deportiva da que se nutre, semella tan desfrutable ou máis ca esta, e aínda por riba ceibándonos de toda responsabilidade no esgotamento dos recursos acuíferos ou mesmo de tequemanexes inmobiliarios e urbanísticos. Ironías aparte, o videoxogo do que falamos xa está a ser (...)
Ler máis0 | ... | 6510 | 6520 | 6530 | 6540 | 6550 | 6560 | 6570 | 6580 | 6590 | ... | 6620