Artigos desta sección
Perdidos en XBox 360, PS3 e PC
Hai cousa dun ano, Ubisoft anunciaba a adquisición dos dereitos de Perdidos (Lost), unha das series máis populares do momento, para poder desenvolver videoxogos baseados nela. Daquela, a compañía anunciou que mesmo ía contar coa colaboración dos propios actores para realizar a dobraxe dos personaxes e que tamén os guionistas colaborarían na elaboración do (...)
Ler máisActivision prepara o terreo para o lanzamento de Transformers, o 29 de xuño
Os Transformers serviron principalmente para dúas cousas: para facer máis agradables os intres de lecer dunha chea de nenos durante as décadas dos oitenta (sobre todo) e dos noventa e, tamén, para aprenderlles que non todo é o que parece a simple vista e de que até os robots-heroes que traballan pola rectitude no mundo e pola xustiza tiñan un punto (...)
Ler máisEdicións especiais de modelos de Peugeot con Xbox e volante sen fíos
Microsoft e Peugeot están a afianzar a súa alianza no vieiro de porse máis preto dos clientes posibles e reais: aqueles ós que (precisamente) tanto lles gusta conducir nas estradas físicas como nas virtuais (as que achegan as videoconsolas). Nesta enleada de completar un plano de realidade con outro co fin de enriquecelos, saen ó mercado edicións especiais (...)
Ler máisNintendo vén de actualizar a súa Canle Internet de Wii
Logo de pasar varios meses tendo que conformarse con empregar tan só a versión de proba que había dispoñible na Web, os usuarios da consola de última xeración de Nintendo, dispoñen dende hoxe dunha versión definitiva da Canle Internet de Wii. Este servizo do sistema operativo da vídeo consola, non é outra cousa que un navegador de Internet grazas ó que poderemos (...)
Ler máisHospital Tycoon: coma nunha serie de televisión
Os hospitais semellan estar máis de moda ca nunca como escenarios de argumentos de ficción, e o universo dos videoxogos é en certa medida responsable desa (se cadra máis ca nunca necesaria) desdramatización do ambiente sanitario. En breve, teremos un novo exemplo diso. Chámase Hospital Tycoon e estará en xuño dispoñible para PC. O xogo presenta un espazo físico (...)
Ler máisA Wii: elixida na Web icona gai
Coas iconas gai, nunca se sabe. E dicirmos isto polo seguinte: quen ía imaxinar que esa consola de vídeo xogos da que tanto se fala e de nome tan particular, Wii, ía converterse co paso das semanas nun obxecto de culto da comunidade homosexual? Isto non o dicimos nós, senón os lectores de Chueca.com, e as súas razóns para terlle posto ó devandito aparello de (...)
Ler máisOs Piratas do Caribe desembarcarán nas nosas costas a partires de maio
O vindeiro 22 de maio, coincidindo coa estrea da terceira película dos máis aloucados e teimudos piratas da factoría de Jerry Bruckheimer, Piratas del Caribe: en el fin del mundo, sairá a venda un xogo para vídeo consolas e PCs baixo o mesmo título que probablemente non pasará desapercibido polos seguidores desta saga. O xogo desenvólvese en diversos (...)
Ler máisSae á luz o tráiler do GTA IV, e non defrauda
“A vida é complicada. Matei, trafiquei, vendín xente, se cadra aquí as cousas sexan diferentes”. Así de rotundo vén de chegar o agardadísimo tráiler de GTA IV. Con este suxestivo vídeo titulado As cousas serán diferentes, Rockstar fornécenos dunha miúda pero substancial xanela ó aspecto final do xogo, cun acabado gráfico impresionante, todo luxo de detalles e moito (...)
Ler máisUn videoxogo recrea como sería un mundo sen derivados do petróleo
Os xogos estanse a converter nun elemento de primeira orde para que organizacións de todo o mundo lancen as súas mensaxes solidarias, ecolóxicas ou pacifistas, sabedoras de que este eido é un terreo común onde reunirse coa mocidade e seren escoitadas, achegando ó mesmo tempo o seu particular contraataque a unha boa parte da industria que insiste en (...)
Ler máisDúbidas sobre o éxito da PS3 no mercado europeo
Coa Play Station 3 pasa como con case tódalas novidades de mercado que se fan agardar de máis, sexan tecnolóxicas ou non. É dicir: tanto esticou o fío Sony, a casa fabricante, que para moitos usuarios rematou por crebar, e a vontade de crítica prima sobre todo o demais. A iso hai que engadir un prezo de saída en España de 600 euros que para moitos seareiros (ou (...)
Ler máis0 | ... | 6500 | 6510 | 6520 | 6530 | 6540 | 6550 | 6560 | 6570 | 6580 | ... | 6630