VINCI Tab, o tablet dos máis pequenos
mércores, 3 de agosto do 2011
Parece
evidente que deixar que os máis pequenos da casa xoguen cun iPad non é moi
recomendable (tanto para os cativos como para o dispositivo) de ai que chegue agora
o VINCI Tab, un tablet
deseñado para o seu uso por parte de nenos pequenos, que conta cunha pantalla
reforzada, esquinas redondeadas e asas para facilitar o seu agarre e protexelo
de caÃdas. ComercialÃzase cunha serie de aplicacións preinstaladas orientadas a
un público infantil, e entendendo que o control dos contidos é unha necesidade
para este tipo de trebellos, carece de conectividade sen fÃos (para que só
poida accederse dende os mesmos aos materiais que autorizasen previamente os pais).
O VINCI Tab mide 25,40 x 18,41 x 1,58 centÃmetros, pesa 620 gramos, ten unha
pantalla multi-táctil de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles,
opera cun procesador Cortex A8, 512 Mb de RAM, 4/8 Gb de almacenamento interno
(segundo o modelo) ampliable mediante tarxetas microSD, cámara traseira de 3
MpÃxeles e capacidade de reprodución multimedia (soportando formatos como MP3,
WAV e MP4 (H.264 ata a 720p). Tamén conta con micrófono, botóns para o control
de volume e altofalante integrado, estando inicialmente dispoñible con software
en inglés, pero agardándose a súa adaptación a outras linguas máis adiante. Dende
Amazon xa aceptan encargos para este produto por 389 dólares (271,52
euros).