Unirede dará protagonismo ao turismo e a gastronomía nas redes sociais

martes, 6 de setembro do 2011 Redacción

A Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela acollerá Unirede, I Foro Galego da Web 2.0 o 15 de outubro, organizado pola Asociación Adouspuntocero de Profesionais do Social Media de Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.
Os obxectivos principais da celebración deste foro son amosar os logros da web 2.0 en Galicia, expor as súas vantaxes e desvantaxes aplicadas a diferentes sectores económicos da sociedade e fomentar a interacción entre os diferentes actores da social media en Galicia. Un dos sectores será o turismo contando coa colaboración da Asociación de Hostalaría de Santiago entre outros.
Ao foro estarán invitados os profesionais máis cualificados do sector nunha xornada dividida en dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde. A sesión da mañá será sobre as redes sociais en xeral coa participación de Fátima Martínez, consultora de Comunicación Estratéxica e Formadora en Social Media, e de destacados expertos galegos en medios sociais e blogueiros como David Serantes, José Luis del Campo Villares ou Juan JoséRomeiro Crusat.
A sesión de tarde abrirase con Casos de Éxito no 2.0 en Galicia: en Turismo onde contarase con Rodeiramar como caso de éxito de xestión das redes sociais en Galicia. A continuación os asistentes traballarán en catro obradoiros temáticos de turismo/gastronomía, intervención social, comunicación e industrias culturais. No obradoiro de turismo contarase coa colaboración de Iago Pazoso de Abastos2.0, Manuel Gago, Nicolás Álvarez director editorial de Aeronoticiario SCQ e Emanuel Casais de vinogallego.com.
Tamén se levará a cabo un bussines meeting point, onde se poderán expoñer novas ideas de negocio en torno á web 2.0 co fin de atopar financiamento ou axuda dos chamados bussines partners.