Unha funda permite transportar o iPad nun arquivador de aneis
venres, 24 de agosto do 2012
O fabricante Griffin ten numerosos accesorios para dispositivos
móbiles, especialmente de Apple, entre os que queremos destacar un que pode
resultar moi práctico de cara á volta ao cole,
a
funda Binder Insert para iPad (de 2ª
e 3ª xeración), que permite adaptar o tablet de Apple para o seu transporte
dentro dun arquivador de 3 aneis, podendo sacarse dos aneis sen problema para
un uso independente como simple funda de protección que deixa espazo libre para
acceder ao control de volume, o conector de auriculares, a cámara e o conector
da base.
Este curioso accesorio véndese
polo momento a través da Internet por 24,99 dólares (é de agardar que
pronto acade distribución en tendas fÃsicas), aÃnda que para uso en contornos
educativos hai moitas outras fundas protectoras que poden resultar axeitadas,
como a AirStrap
(que facilita soster o tablet cunha man sen medo a que caia), as Folio
(cunha protección máis tradicional) ou a Executive
Passport (feita de pel e que inclúe espazo para tarxetas e papeis). Tamén
poden resultar igualmente prácticos os lapis
especiais para empregar sobre pantallas táctiles, tanto pola súa precisión como
pola naturalidade do seu uso para certas tarefas.
- A funda de Griffin permite integrar o iPad no arquivador onde levamos os apuntes de clase