Unha consola de videoxogos baseada en Android bate marcas en Kickstarter
mércores, 11 de xullo do 2012
O crowdfunding a
través de Kickstarter está a converterse en todo un fenómeno que axuda a
converter en realidade numerosos proxectos que no pasado terÃan problemas para
acadar financiamento, e os dispositivos electrónicos parecen ser a estrela, e
tras o éxito
do reloxo Pebble está a causar furor OUYA,
unha proposta de consola de videoxogos baseada en Android que cun prezo de
99 dólares e a aspiración de xuntar 950.000 dólares vén de bater un record en Kickstarter con máis
de 2 millóns de dólares recadados no seu primeiro dÃa. De feito, o volume
económico que están a mover está a levar aos responsables da iniciativa a ver
como poden aproveitar este músculo adicional que parece que van a acadar
(especialmente porque o proxecto de crowdfunding
aÃnda remata o 9 de agosto, polo que poden conseguir moitos máis cartos do
agardado).
A idea de OUYA é bastante sinxela, pois consiste en fabricar unha caixa na que
integrar un procesador nVIDIA Tegra 3, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento
interno, saÃda HDMI para conectar o dispositivo a un televisor de alta
definición, WÃ-Fi N para conectarse á Rede, Bluetooth 4.0 (de baixa enerxÃa)
para comunicarse cos mandos e 1 porto USB 2.0, que funcionarÃa con Android 4.0
e incluirÃa un mando sen fÃos (cunha cruceta, 2 sticks analóxicos, 8 botóns de
acción e 1 botón de sistema) coa posibilidade de adquirir un mando secundario.
- OUYA quere levar numerosos xogos free to play ao televisor
Pero o interesante deste trebello serÃa que construirÃa unha plataforma de xogo
que estarÃa baseada principalmente no free
to play, con tÃtulos tipo League of
Legends, Team Fortress 2 ou Triple Town, que poderÃan xogarse
inicialmente de balde (tendo só que pagar no caso de querer acceder a contidos
Premium).
Dende o proxecto queren deixar claro que non se trata de conectar un
dispositivo con Android ao televisor para gozar de xogos de móbil ou tablet (o
que xa poderÃa facerse agora sen moita dificultade) senón que os xogos deberÃan
estar deseñados para OUYA, buscando unha experiencia de uso como a das consolas
de videoxogos tradicionais e incluso buscando atraer a desenvolvementos de
grande tamaño, que atoparÃan neste plataforma un xeito evitar as numerosas
taxas para editar os seus tÃtulos (en boa medida porque cada OUYA serve como
ferramenta de desenvolvemento).
Nun principio estimaban que a consola estarÃa dispoñible en 2013, pero é
posible que a inxección de cartos que van recibir a través de Kickstarter
consiga acelerar o proceso, polo que esta revolucionaria consola poderÃa ser
realidade antes do previsto.