Unha conferencia no CITIUS abordará o modelo de calidade CMMI
xoves, 17 de xaneiro do 2013
José Luis Iparraguirre, experto en mellora de procesos de
desenvolvemento de software, visitará o CiTIUS o vindeiro xoves 24 de xaneiro
para pronunciar unha conferencia
sobre o modelo de calidade CMMI (Capability Maturity Model Integration - Integración de Modelos de
Madurez de Capacidades).
Na conferencia, discutiranse as singularidades que
caracterizan ós proxectos de investigación e pre competitivos na actualidade, e
que os diferencian dos proxectos de desenvolvemento e enxeñarÃa convencionais. Nesta
contorna, o estándar CMMI preséntase como unha oportunidade para tratar con
proxectos cada vez máis complexos, debido á integración de equipos humanos
multi disciplinares e ás restricións derivadas do uso compartido de
sofisticados equipos e materiais. Ademais, tamén axuda no seguimento da validez
dos obxectivos definidos, e permite adaptalos en caso necesario ás expectativas
cambiantes da súa contorna.
Iparraguirre explicará as orixes do CMMI, nun repaso das
persoas e circunstancias que axudaron a definilo, e afondará nas prácticas necesarias para a
xestión eficiente dos proxectos e o
desenvolvemento de produtos de calidade.
A conferencia centrarase nos niveis intermedios do CMMI: o
nivel 2, que aborda a Xestión do Proxecto: e o Nivel 3, destinado a avaliar o
rigor na enxeñarÃa. Non obstante, proporase tamén unha reflexión sobre a adecuación
a este tipo de proxectos dos niveis de madurez máis altos (4 e 5).
