Un kit oficial permitirá ampliar a baterÃa do Samsung Galaxy S III
luns, 31 de decembro do 2012
Un dos principais problemas dos smartphones actuais é a súa autonomÃa, e aÃnda que existen cargadores externos para solucionar tal eiva, resultan incómodos, polos que moitos usuarios prefiren optar por baterÃas de maior capacidade, o que normalmente supón a substitución da carcasa traseira do móbil para poder dar cabida a unha baterÃa de maior grosor, chegando case sempre este tipo de opcións de xeito non oficial, polo que sorprende que varias tendas en liña (tanto un provedor británico como o Amazon alemán) están a listar para a súa venda un kit de ampliación de baterÃa para o Samsung Galaxy S III.
Este kit chegarÃa en dous modelos (segundo a cor da carcasa do móbil) e cunha baterÃa de 3.000 mAh, o que resulta substancialmente maior que os 2.100 mAh que inclúe a baterÃa orixinal, e que non prexudicarÃa excesivamente ao peso e o grosor do terminal estrela dos últimos meses. O prezo do kit é de 39,90 euros, e agárdase que estea dispoñible a partir do 5 de xaneiro.