Un foro en Arteixo afondará na situación do mercado televisivo no contorno dixital
luns, 3 de febreiro do 2014
Este
mércores o director de contidos de Atresmedia Digital, Francisco
Sierra, impartirá un foro titulado Enredando con la tele, organizado
polo Máster en Produción e Xestión Audiovisual da Fundación Santiago Rey
Fernández-Latorre e pola Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC).
Neste encontro farase un balance da situación do mercado televisivo no contorno
dixital, emprestando unha especial atención á produción de contidos multi-plataforma
e multi-dispositivos, asà como á xestión do vÃdeo e á emisión en liña. Sierra
tamén detallará o proceso de integración das redes sociais no mercado
televisivo e a explosión da segunda pantalla e a chamada televisión social.
O relatorio do director de contidos de Atresmedia Digital desenvolverase de
10:00 a 13:00 horas no Museo da Prensa de La Voz de Galicia en Arteixo, podendo
inscribirse os interesados en asistir de balde chamando ao teléfono 981 180 416
ou por correo electrónico.
