The Parrot, un teleprompter para cámaras con obxectivos intercambiables
luns, 15 de decembro do 2014
Cada vez son máis as persoas que gravan vÃdeos empregando unha
cámara réflex, e para os que queiran das ás gravacións un toque máis
profesional, chega agora unha interesante solución para os que queiran ter
dispoñible un sistema de lectura de textos mentres e mira a cámara, The Parrot, un teleprompter compacto que busca
financiamento en Kickstarter, e que probablemente supere os 30.000 dólares
que fixeron como obxectivo en poucas horas.
O concepto desta solución é bastante sinxelo, e consiste nunha carcasa robusta
que contén un espello transparente pola súa parte traseira, de xeito que
podemos colocalo diante do obxectivo da nosa cámara mentres reflexa o texto que
pode amosarse nun smartphone situado baixo o espello.
O produto pretende remitirse aos seus mecenas en maio de 2015 e o seu prezo
serÃa de 90 dólares (72,34 euros) na súa edición básica e de 100 dólares (80,38
euros) incluÃndo un adaptador de lente a elixir entre varios tamaños, incluÃndo
en ambos casos gastos de envÃo e supondo un aforro considerable fronte aos 150
dólares que pretende custar este accesorio cando saia ao mercado.
The Parrot ten unhas medidas de 100 x 100 x 80 milÃmetros, pesa 120 gramos e
pode resultar de grande utilidade para profesionais e afeccionados do
audiovisual, precisando dun smartphone cunha aplicación de teleprompter (existen moitas actualmente) para facilitar o
desprazamento de texto pola pantalla para a súa lectura durante as gravacións.