Telecinco asegura que Telefónica vai vender o iPad en España
xoves, 28 de xaneiro do 2010
Onte Apple anunciou o lanzamento o seu iPad para dentro
dun par de meses, referÃndose ao modelo con Wi-Fi, mentres que a versión máis
avanzada, que tamén inclúe conectividade 3G, e que contará tarifas de datos
móbiles especiais (cando menos nos EE.UU.) tardará un pouco máis en chegar, de
xeito que ata primeiros do verán non o veriamos por Europa, asegurando dende os
servizos informativos de Telecinco que será
Telefónica a compañÃa que traia o trebello a España, aÃnda que
segundo parece aÃnda están en negociacións con Apple, aÃnda que «en calquera momento» poderÃan anunciar
o acordo entre as compañÃas para vender o iPad no territorio español.
De todos os xeitos, a información de Telecinco non parece moi fiable, pois
entre outras cousas falan dunha comercialización en exclusiva, cando estamos a
falar dun trebello que venderase libre (ou iso asegurou onte Steve Jobs), polo
que non ten moito sentido que unha operadora vaia subvencionar o terminal,
aÃnda que si parece lóxico que sigan unha polÃtica semellante á estadounidense,
ofrecendo unhas tarifas de datos a través de 3G máis económicos que as
destinadas a equipos informáticos.
