Sonos estrea altofalantes conectados portátiles en formato compacto
martes, 6 de abril do 2021
O Sonos Roam é un
altofalante conectado que destaca claramente por ser ultra-portátil, ou sexa,
que ten as caracterÃsticas propias de moitos dos altofalantes que se fixeron
populares nos últimos anos, pero non depende dunha toma de corrente, xa que ten
unha baterÃa recargable capaz de achegar até 10 horas de autonomÃa (que pode
recargarse por cable ou mediante indución).
O Sonos Roam está equipado con conectividade Wi-Fi e Bluetooth, é compatible
con AirPlay 2 de Apple, pode controlarse coa voz (é compatible con Alexa e o
asistente de Google) e conta con protección IP67 contra a auga á vez que tamén
é resistente a golpes, de xeito que é un bo produto para levar por aà adiante
sen temer pola súa integridade á vez que promete un son de grande calidade,
comparable ao de altofalantes de maior tamaño.
Este altofalante, que é apto tanto para o fogar como para usar en mobilidade,
incorpora tecnoloxÃa Trueplay que adapta a reprodución ao contorno e ao contido
que se estea escoitando para achegar un son nÃtido e equilibrado.
A súa forma triangular permite que se coloque tanto en vertical como en
horizontal, para que escollamos a disposición que resulte máis atinada en
función da estabilidade da superficie na que vaiamos a pousalo. Tamén é posible
asocialo a outro altofalante igual mediante Wi-Fi para agruparse como unha
parella de altofalantes estéreo.
Estes interesantes altofalantes poderán mercarse a finais de mes a un prezo oficial
de 179 euros.
- Gozar das bondades dun altofalante conectado de calidade en exteriores é a grande promesa do Sonos Roam, que chega nun formato moito máis compacto que os Sonos Move
VÃdeo promocional dos altofalantes Sonos Roam