Artigos desta sección
Firefox superou esta fin de semana a cifra de 1.000 millóns de descargas
O éxito do navegador Firefox está a cumprirse, con algunha que outra sorpresa, paso por paso. En boa maneira, case é coma se o éxito mesmo tivese unha folla de ruta previa establecida, tales son as previsións que finalmente deron no branco. Unha delas é a que fai referencia ao número de descargas da máis recente versión da ferramenta, a 3.5, que a mediados de (...)
Ler máisA Xunta impulsará o software libre potenciando a súa implantación en empresas e Universidades
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, sabedora de que as aplicacións en código aberto “teñen un interesante potencial para crear modelos de nogocio e dinamizar o sector TIC local de xeito eficaz e económico”, vén de facer pública a súa intención de impulsar a implantación do software libre en toda a nosa comunidade, e en (...)
Ler máisA Xunta sitúase a prol do diálogo perante a continuidade de Mancomún
Os apoios recentes dunha boa parte da comunidade internauta galega cara á supervivencia do Centro Mancomún (coordinador dos traballos de programación aberta que se están a desenvolver no país) semellan ter dado os seus froitos. Segundo está a informar a CiberIrmandade da Fala, unha das plataformas que máis esforzos despregou en convocar aos devanditos apoios (...)
Ler máisFirefox 3.5, rei en Europa
A versión 3.5 do navegador libre Firefox vai cara adiante coma se ademais de ser un raposo de lume (iso é o que significa o seu nome) tivese présa real por chegar a algunha parte. Segundo datos achegados estes días por StatCounter ou a comunidade Asycom, o que xa comezou ben, con cinco millóns de descargas a poucos días do seu lanzamento, desenvolvéndose logo (...)
Ler máisO traballo en rede dos computadores incompatíbeis, cada vez máis preto grazas ao software libre
Entre computadores, a unión tamén fai a forza. Dito doutro xeito: igual que nós os seres humanos cubrimos coa axuda dos demais as nosas carencias (contribuíndo nós tamén a compensar as das dos demais), os ordenadores tamén precisan de moitos discos duros facendo fronte común co obxectivo de solucionar todo tipo de operacións de cálculo ou calquera outra tarefa (...)
Ler máisAberto o prazo de matrícula na terceira edición do Máster en Software Libre
Igalia e a Universidade de Rei Juan Carlos veñen de anunciar a terceira convocatoria do Máster en Software Libre, un curso de alto nivel especializado en formar profesionais no emprego, deseño e aplicación da programación aberta, teórico e práctico, a desenvolver a partir de outubro. O máster, que ten sede na Coruña, mantén arestora aberto o prazo de (...)
Ler máisOrganizan en Melide un obradoiro de Joomla
A asociación melidense de usuarios de Linux MeLiSA organiza para os días 1 e 8 de agosto un obradoiro do sistema de administración de contidos baseado en código aberto Joomla, que terá lugar no área de cíber de A Fundación.
Ler máisLibreGeoSocial: software libre para etiquetar virtualmente o mundo real
O usuario de telefonía móbil que cre que lle tira bo partido ao seu aparello xa non semella tan moderno cando se poñen en marcha iniciativas como a que veñen de presentar investigadores da Universidade Rei Juan Carlos: un software libre de nome LibreGeoSocial (LGS) que permite empregar o terminal coma se da lupa de Sherlock Holmes se tratase. Máis polo (...)
Ler máisA campaña da CiberIrmandade a prol de Mancomún.org consigue o apoio de milleiros de internautas
A campaña en liña posta en marcha pola CiberIrmandade da Fala para recoller apoios a prol da supervivencia do Centro Mancomún segue adiante e a bo ritmo. Segundo informa o dito colectivo, apenas tres xornadas despois de terse presentado a iniciativa (dirixida en última instancia a lograr que a Xunta siga apostando polo software libre e, tamén, polo seu (...)
Ler máisA revolución do software libre, a exame a partir do día 20 en Compostela
O software libre, malia ser máis antigo có privativo, aínda está un pouco por explicar. Dito doutro xeito: son moitas as sesións de promoción do software pechado as que hai que compensar coa outra versión dos feitos, a que propón a programación aberta. Malia que dun tempo a esta parte a cousa tende a equilibrarse, hai traballo por facer no camiño de conseguir (...)
Ler máis0 | ... | 560 | 570 | 580 | 590 | 600 | 610 | 620 | 630 | 640 | ... | 860
