Artigos desta sección
A Deputación da Coruña e a UDC renovan o aplicativo para a xestión do equipamento local
As vantaxes do software libre, por se alguén o dubidada, teñen un eido de expresión especialmente activo dentro da xestión e a administración pública. O seu potencial é máis grande aÃnda se temos en conta a responsabilidade das institucións de apostar por ferramentas informáticas que non supoñan grandes restricións de adaptabilidade e de uso e a posta en xogo de (...)
Ler máisMeLiSA afondará este venres nas vantaxes do software libre perante estudantes de Arzúa
Prosegue o labor das nosas asociacións e plataformas a prol da divulgación das vantaxes do software libre a tódolos niveis: usuarios, empresas, institucións e organizacións. Esta semana é a quenda do colectivo MeLiSA de Melide, que está a informar da celebración este venres dunha exposición sobre software libre no Instituto de Educación Secundaria de Arzúa. Máis (...)
Ler máisXa se pode descargar o Thunderbird 3 en galego
A Fundación Mozilla vén de lanzar oficialmente a nova versión do servizo de correo electrónico Thunderbird, ferramenta de emprego común entre a comunidade de usuarios de programación aberta e, grazas a esta nova achega, con meirandes posibilidades de chegar mesmo aos internautas ligados ao privativo. De feito, puntos salientables non semellan faltarlle: está (...)
Ler máisGHANDALF anima aos internautas galegos a traducir un manual sobre proxectos libres
O grupo de usuarios e deseñadores de software libre GHANDALF vén de facer un chamamento á comunidade internauta galega para participar activamente no proxecto de tradución á nosa lingua dun libro encamiñado a explicar polo miúdo o proceso de posta en marcha dun proxecto de programación aberta, entre outras achegas divulgativas de importancia Máis en detalle, (...)
Ler máisCurso sobre aspectos legais do software libre na UDC
A Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña en colaboración con CENATIC organiza un curso sobre aspectos legais do software libre que pretenden presentar e comentar cun enfoque xeneralista os principais aspectos xurÃdicos do software de fontes abertas, sen entrar en detalles sobre a protección xurÃdica, senón que preséntase de xeito práctico e (...)
Ler máisNovas xornadas sobre software libre na UDC
Os dÃas 1, 2 e 3 de decembro na Facultade de Informática do coruñés Campus de Elviña terá lugar unhas Xornadas de Software Libre, que buscan dar un enfoque xeral práctico sobre o software libre centrándose nos sistemas GNU/Linux, repartindo este curso en 10 horas repartidas en 3 sesións que comezarán ás 5 da tarde de cada un dos dÃas das xornadas. Xa está aberta (...)
Ler máisPublican a listaxe de finalistas ao mellor proxecto de fin de carreira con software libre
O martes 17 de Novembro, ás 16:30 horas terá lugar o evento final do Premio ao mellor PFC con Software Libre 2008/2009, no Salón de Grados da Escola Superior de EnxeñerÃa Informática de Ourense, pechándose a terceira edición desta iniciativa e consolidando a participación á vez que se mantén a calidade dos participantes. Ata 9 finalistas das tres facultades de (...)
Ler máisLugo acolle esta fin de semana unhas xornadas de software libre
A Asociación de Centros Homologados segue adiante co seu itinerario pola nosa terra dirixido a promover as vantaxes da programación aberta a tódolos niveis. As vindeiras citas do seu programa Consume software libre, consume software seguro (asà se chama esta iniciativa móbil de actividades) serán os vindeiros venres 13 e sábado 14 deste mes de novembro, no (...)
Ler máisLiberado o mapa conceptual da programación aberta
O software libre, como acontece coa maior parte dos conceptos ligados ás redes da información, fica aÃnda en sombra para unha boa parte da sociedade. Xeitos de pórlle solución a isto hai moitos, pero se cadra un dos recursos divulgativos máis rechamantes da tempada é o que vén de presentar en liña René Mérou e que consiste na liberación do Mapa conceptual do (...)
Ler máisA Conferencia de Software Libre incidirá no papel da programación aberta para superar a crise
Esta semana fixéronse públicos en Madrid os detalles máis importantes da quinta Conferencia Internacional de Software Libre, un encontro que para esta edición centrará máis que nunca os seus esforzos en achegar e facer públicas as ferramentas abertas máis idóneas para un sector empresarial que non acaba de ver a saÃda da crise produtiva. A xuntanza, que contará (...)
Ler máis0 | ... | 520 | 530 | 540 | 550 | 560 | 570 | 580 | 590 | 600 | ... | 860
