Artigos desta sección
O 3 de marzo celébrase nas Pontes unha nova sesión dos Amigus Labs
O vindeiro 3 de marzo, no Lar de Endesa en As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo dos Amigus Labs, os espazos cooperativos de arte, creación dixital e formación organizados pola asociación Amigus. A nova xornada, o encontro Maker 18.2, os participantes entrarán en contacto cos prototipos cos que se veñen traballando nos obradoiros previos, (...)
Ler máisComeza a facer ruído a edición 2018 dos GPUL Labs
Para quen quedase con máis fame dos obradoiros participativos e construtivos do GPUL arredor do software libre, os GPUL Labs do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, dicirlle que todo indica a que en datas vindeiras teremos unha nova entrega de encontros argalleiros. Segundo puidemos saber, os integrantes desta fronte galega de desenvolvedores con (...)
Ler máisVolven os Amigus Labs (o 3 de febreiro) e as súas xornadas argalleiras para toda a familia
A asociación Amigus, con sede operativa nas Pontes, comeza o ano retomando o fío de actividades argalleiras e tecnolóxicas con que agasallou aos seareiros das tecnoloxías, pequenos e maiores, ao longo dos meses pasados. Este 3 de febreiro, sen ir máis lonxe, celébrase no Lar de Endesa (en As Pontes) unha nova edición dos obradoiros Amigus Labs, adicados á (...)
Ler máisA AMTEGA colabora co proxecto de software libre Ansible
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) colabora co proxecto de software libre Ansible a través da publicación de código que permite a automatización da configuración e despregue de diversos servizos en infraestruturas TIC.
Ler máisMakers.lugo introdúcenos o 2 de decembro na robótica de deseño aberto
A recta final de outono será, na nosa terra, unha boa oportunidade para que todos aqueles que aínda non saben en que consiste o espírito Maker, poidan mergullarse nel e dar os seus primeiros pasos como argalleiros tecnolóxicos. Se onte falamos da conta atrás para o comezo de Galicia Maker Faire, esta fin de semana na Cidade da Cultura de Santiago, hoxe (...)
Ler máisEntrégase o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
Hoxe fallouse o premio da X edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado pola AMTEGA coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG, recaendo o primeiro premio en Pablo Grela Palleiro, da Universidade de A Coruña polo proxecto Radiocom consistente nunha aplicación móbil para unha radio comunitaria que permite (...)
Ler máisRecuncho Maker achega esta finde sesións argalleiras sobre Escornabots e Arduino
A asociación Recuncho Maker está a brindarnos un inicio de finde argalleiro a mans cheas. Ou sexa, unha nova oportunidade para demostrarnos a nós mesmos e ao mundo que construír tecnoloxías e facer innovación está ao alcance de todas e todos. Hoxe venres celébrase un obradoiro sobre o Escornabot, o trebello galego “encargado” de introducir na robótica e na (...)
Ler máisA Coruña quere migrar os seus servizos ao software libre
O Concello da Coruña quere migrar servizos municipais ao software libre. Así o vén de certificar o alcalde, Xulio Ferreiro, durante a sinatura dun acordo (este mércores) de colaboración coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, AGASOL. En palabras de Ferreiro, o acordo diríxese a “realizar actuacións de capacitación e promoción do software libre e de (...)
Ler máisO Zulo convídanos este sábado a mergullarnos na cultura e tecnoloxía libres
A Asociación Comunidade O Zulo, con sede en Mugardos, organiza o vindeiro sábado 28 de outubro o evento Xornada de Software e Cultura Libre, un encontro aberto e de balde dirixido a mostrar o potencial e a riqueza produtiva e cooperativa dos programas e a cultura libres para calquera ámbito social, científico, construtivo ou empresarial que nos imaxinemos. (...)
Ler máisPreséntase Palleira.gal, o catálogo aberto do patrimonio de Combarro
Este sábado 21 de outubro celebrouse na Escola do Campo de Combarro o lanzamento oficial da web Palleira.gal, unha iniciativa da asociación Xeopesca destinada a materializar e afianzar un catálogo dixital libre dos bens de interese cultural do casco histórico de Combarro. No acto fíxose saber, a maiores, que se trata dun proxecto que contou co apoio da (...)
Ler máis0 | ... | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | ... | 860
