Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

A solución de xestión empresarial FacturaScripts amplía o catálogo libre do CDTIC Virtual

O Centro Demostrador TIC Virtual vén de ampliar a súa listaxe de aplicacións libres a disposición das empresas, desta volta cunha nova ferramenta destinada a facilitarlles a xestión: FacturaScripts. A nova solución, segundo informa AMTEGA (axencia autonómica da que depende o CDTIC Virtual), está concibida para axudar aos usuarios na planificación de recursos (...)

Ler máis

A AMTEGA publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web

O arquetipo corporativo da axencia AMTEGA, de cuxa liberación en clave Java falamos o pasado inverno en Código Cero (salientando os importantes vieiros de re-aproveitamento deste recurso que se abrían para outras entidades e comunidades de desenvolvedores), vén de dar hoxe unha nova ración de boas novas. O motivo? Pois segundo nos conta o equipo da axencia (...)

Ler máis

Focus, o navegador privado de Mozilla para Android, en galego

Increméntase o panorama de programas significativos e referenciais na nosa lingua. Un dos máis recentes en incorporarse é Focus, o navegador privado de Mozilla para Android. A adaptación ao galego, froito dun traballo encomiábel da Oficina de Software Libre das universidades galegas (CIXUG), permitiranos escoller a nosa lingua como idioma da interface nos (...)

Ler máis

Entregado o XI premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre

Finalmente, a semana pasada fallouse o premio da XI edición do Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre convocado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) coa colaboración da Oficina de Software Libre do CIXUG. En total, o certame recibiu este ano un total de 8 candidaturas, escolléndose logo dun proceso (...)

Ler máis

O Zulo cítanos este sábado coa cultura libre autoxestionada

A Comunidade O Zulo, con sede en Mugardos, vai organizar este sábado 3 de novembro un novo encontro de desenvolvedores, profesionais e usuarios arredor da tecnoloxía sen cancelas, creativa, aberta e colaborativa, e as fórmulas máis acaídas para impulsala na nosa terra. Estamos a falar da Xornada Software e Cultura Libre Autoxestionada 2018, que se celebra no (...)

Ler máis

IBM mercará Red Hat por 34.000 millóns de dólares

A que posiblemente é multinacional do software máis importante do mundo do software libre, Red Hat, cunha célebre distribución de Linux de seu e cun papel moi relevante en infinidade de proxecto de software libre, vén de pechar un acordo de compra por parte de IBM, compañía que ofreceu 190 dólares en efectivo por acción, o que supón un valor total aproximado de (...)

Ler máis

Os Amigus Labs convocan esta finde á comunidade argalleira galega

O espírito Maker non cesa este outono na nosa terra. Para quen queira seguir avanzando en coñecementos e habilidades arredor da robótica e o software e o hardware libres, vai ter ocasión de facelo os días 13 e 14 de outubro nas Pontes, cunha nova edición dos Amigus Labs, os obradoiros argalleiros que desenvolven regularmente os integrantes da Asociación (...)

Ler máis

Os CoruñaHacks anímannos a ser impulsores e creadores de tecnoloxías libres

Este sábado 6 de outubro comeza na nosa terra un programa de obradoiros que son, en si mesmos, tres grandes oportunidades para converternos en expertos facedores de ferramentas libres e máis en en membros da comunidade galega e mundial de usuarios e desenvolvedores de free software e cousas maker. Estamos a falar dos CoruñaHacks, que de partida compóñense (...)

Ler máis

O GPUL converteu a FIC nun fervedoiro de desenvolvedores e usuarios libres

Estes días, até hoxe (incluído), estívose a celebrar na Facultade de Informática da Coruña unha relevante xuntanza para ver de preto (e para implicarnos de preto) as razóns que en palabras da comunidade de usuarios e desenvolvedores de software libre inclinan hoxe en día a balanza tecnolóxica en favor dos programas non privativos. Estamos a falar da X.Org (...)

Ler máis

Os GPUL Labs achegan hoxe unha charla sobre concursos de software libre

Hoxe ás 18:30 horas, a Facultade de Informática da Coruña vai acoller unha nova cita dos GPUL Labs, os obradoiros impulsados polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux para ampliar e reforzar o carácter referencial da nosa terra no mundo do software libre, facendo comunidade e poñendo a semente de novos proxectos. Máis polo miúdo, a cita de onte servirá (...)

Ler máis

0 | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | ... | 860

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade