Artigos desta sección
LibreOffice completa a súa versión 4.0 (tamén dispoñible en galego)
A poucos días da estrea oficial do novo Office de Microsoft, dende The Document Foundation reaccionan anunciando o LibreOffice 4.0, paquete de ferramentas ofimáticas libre que con esta versión “fai realidade o soño da comunidade durante os últimos 12 anos” e reflicte por primeira vez os obxectivos fixados en setembro de 2010: un código base máis limpo e claro, (...)
Ler máisO GPUL avoga por un sistema investigador galego que desbote a procura de patentes
O Grupo de Programadores de Usuarios de Software Libre (GPUL) emitiu os días pasados un comunicado na súa web no que avoga, firmemente, por desbotar a idea de que formalizar patentes tecnolóxicas ou industriais dende as universidades ou os centros de investigación sexa positivo para o desenvolvemento galego. O comunicado, que ten a súa raizame nos parabéns (...)
Ler máisO Centro Social Novacaixagalicia de Vigo lánzase a formar á cidadanía nas vantaxes de apostar polo software libre
O Centro Social Novacaixagalicia de Vigo vai dar acubillo a unha serie de actividades dirixidas a ampliar os coñecementos en programación aberta dos nosos profesionais da informática e do desenvolvemento web e máis dos usuarios en xeral de ferramentas TIC. Máis polo miúdo, trátase dunha cumprida listaxe de obradoiros que tocan cuestións como por exemplo os (...)
Ler máisGALPon imparte na Universidade de Vigo un obradoiro de introdución ao software libre
O colectivo GALPon, comprometido coa difusión e promoción dos programas abertos na nosa terra, vai impartir os vindeiros días unha actividade formativa para permitirnos coller a rendas do código aberto. Ou sexa, para coñecer ben en que consiste, que vantaxes pon e xogo, que recursos concretos achega esta filosofía-opción de traballo en desenvolvemento e que (...)
Ler máisA versión 3.5.1 de Wordpress, cen por cen dispoñíbel na nosa lingua
Que unha ferramenta útil e de uso común como Wordpress teña a interface de usuario dispoñíbel en galego, na súa flamante versión 3.5, é sempre unha boa nova, tal e como sinalamos hai uns días dende Código Cero, pero a cousa convértese en nova excelente cando se nos conta que a tradución á nosa lingua é do 100% na 3.5.1, tal e como se pode ver na táboa de idiomas (...)
Ler máisA aplicación de Steam para Linux xa está dispoñible na súa fase de probas
Os usuarios de Linux que gusten dos videoxogos poden xa participar da versión de proba da plataforma de distribución Steam, que como agasallo de Nadal anticipado decidiu abrir a beta da aplicación ao público para contribuír á súa mellora atopando os fallos que presente na súa fase actual. A aplicación cliente de Steam para Linux está xa dispoñible para a súa (...)
Ler máisAs tres universidades galegas xa contan con distribución GNU/Linux de seu: SO.xug
A Oficina de Software Libre do consorcio interuniversitario galego CIXUG publicou unha ferramenta aberta de gran potencial para o noso eido educativo superior. De feito, tal e como reflicte Mancomún, estamos ante a primeira distribución de GNU/Linux adaptada para cubrir ás necesidades das universidades do Sistema Universitario Galego: a USC (Santiago), a (...)
Ler máisO galardón ao mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre recaeu en José Millán, da UDC
José Millán Soto, estudante e investigador da Universidade da Coruña (UDC), vén de obter un importante recoñecemento polo seu labor a prol da programación aberta e a busca de novos xeitos de tirar abaixo os atrancos que separan as tecnoloxías entre si e estas coa comunidade de usuarios potenciais. O recoñecemento vén da man de AMTEGA (Axencia para a (...)
Ler máisNove de cada dez usuarios TIC emprega decote software libre
Portalprogramas.com segue adiante coas súas accións a prol da programación aberta e de asegurar un panorama de cidadáns con acceso total, libre e igualitario, ao coñecemento. Nesta liña insírese o Informe de valoración do software libre 2012, a nova edición dunha investigación que leva a cabo cada ano o Observatorio de PortalProgramas e que se dirixe a tomarlle o (...)
Ler máisO CDTIC acollerá unha xornada sobre a xestión de empresas con software libre
O vindeiro 6 de novembro o Centro Demostrador TIC acollerá a II Xornada de Xestión de Empresas con Software Libre. A primeira edición, celebrada en 2011, recibiu unha importante demanda de asistencias que superou o número de prazas ofertadas, o que dá conta da boa acollida que tivo entre as PEME galegas. O obxectivo desta xornada é facer un percorrido por (...)
Ler máis0 | ... | 350 | 360 | 370 | 380 | 390 | 400 | 410 | 420 | 430 | ... | 860
