Artigos desta sección
Chegan esta semana á Coruña as novas Xornadas Libres do GPUL
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) organiza na Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña unha nova edición das súas Xornadas Libres, que se celebrarán os días 24 e 25 de abril e consistirán nunha serie de conferencias, obradoiros e concursos arredor do eido da cultura e o coñecemento sen atrancos, fluíndo libremente: software (...)
Ler máisO programa das XII Xornadas Libres nútrese xa dun bo número de relatorios e obradoiros
As Xornadas Libres de GPUL, edición número 12, seguen a coller corpo e a recibir adhesións e propostas á listaxe de relatores e ao programa de actividades. Cómpre lembrar que estes encontros de cultura e tecnoloxía en aberto, que veñen da man do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux, celébranse do 24 de abril ao 25 do mesmo mes, na Facultade de Informática (...)
Ler máisO código aberto supuxo nas institucións europeas un aforro mínimo anual de 114.000 millóns de euros
Seguimos a falar de programas open source e das vantaxes que non só teñen para o usuario de a pé, ou as empresas, senón tamén para as entidades que dalgunha maneira máis obrigadas están a ser eficientes cos seus recursos e dar exemplo de sustentabilidade e eficacia. Falamos das administracións. Cara a estas diríxese, precisamente, o máis recente informe de (...)
Ler máisMeLiSA promove o Festival de Instalación, unha proposta para abrir camiño ao software libre
MeLiSA, a asociación de Melide a prol da programación aberta, vén de anunciar a celebración do chamado Festival de Instalación 13.04, un evento de divulgación do software libre, no cal se farán instalacións gratuítas e legais de aplicativos libres nos equipos dos participantes. Asemade, levaranse a cabo diferentes presentacións de programas libres para empregar (...)
Ler máisA compostelá Sdweb participa en Cornellá no principal encontro europeo sobre Drupal
A empresa galega Sdweb, responsábel entre outras cousas de ter localizado ao galego o xestor Alfresco e máis dunha serie de importantes desenvolvementos sobre a base de Drupal, ten novidades que contarnos sobre a súa presenza en escenarios exteriores. Máis polo miúdo, Sdweb, con sede física en Compostela, vai estar presente no Drupal Executive Meetup, un (...)
Ler máisÁbrese a inscrición para o V Fiadeiro de localización de software libre da USC
Dende onte e ata o día 22 está aberto o prazo de matrícula para o V Fiadeiro de localización de software libre no que alumnos, docentes e traballadores da Universidade de Santiago de Compostela, que traballarán xuntos cun obxectivo común: a galeguización de aplicacións informáticas de software (...)
Ler máisA Aula TIC PEME da Universidade de Santiago organiza un curso de ERP con software libre
A Aula TIC PEME da Universidade de Santiago está a preparar unha actividade formativa de especial interese para os empresarios do mañá. Falamos do Curso de Planificación de Recursos Empresariais (ERP), que tomará inicio a finais deste mes de abril e estenderase até o mes de maio. A actividade está baseada na ferramenta de software libre Dolibarr e diríxese a (...)
Ler máisPresentado o Plan de Software Libre 2013 da Xunta, no que se inclúe a xestión para acadar a galeguización de Android
Quen teña Android no seu smartphone e algunha vez tentara empregalo en galego, buscando algo tan natural como a opción de linguaxe galega, saberá do que imos falar de seguida: malia que fabricantes como Samsung e outros si que teñan incluída a devandita opción nos seus terminais, Google aínda non está polo labor de facer o mesmo. Conclusión: levamos xa unha (...)
Ler máisAMTEGA achega a oferta do software libre galego no portal Mancomún
De falarmos de tecnoloxías libres, a nosa terra estaría situada nunha boa posición se nos referimos a oferta; con todo, existen algúns atrancos que aínda hai que solventar, é o caso da falta de información sobre produtos e provedores de software libre. Co propósito de mellorar esta situación, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de (...)
Ler máisAmplíase ao 7 de abril o prazo para presentarmos propostas ás XII Xornadas Libres do GPUL
Segue en proceso de adhesión de novos participantes, relatorios e asistentes a nova entrega (a número doce), dos encontros de cultura e tecnoloxía en aberto do Grupo galego de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL). Falamos das XII Xornadas Libres do GPUL, que se celebran entre o 22 de abril e o 26 do mesmo mes na Facultade de Informática da Coruña e que, (...)
Ler máis0 | ... | 330 | 340 | 350 | 360 | 370 | 380 | 390 | 400 | 410 | ... | 860
