Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Xa podemos votar no quinto certame dos premios ao mellor software libre de PortalProgramas

A comunidade de Portalprogramas.com vén de informar da posta en marcha da fase de votacións da quinta edición dos seus premios ao mellor software libre de 2013, uns galardóns dirixidos a atopar as mellores ferramentas abertas e fomentar, ao mesmo tempo, o desenvolvemento das mesmas e de outras novas (cunha serie de doazóns a ter moi en conta). Esta fase (...)

Ler máis

A galega Tegnix participará na iniciativa europea WikiSkills destinada a espallar as vantaxes de traballarmos en clave wiki

Tegnix, empresa galega centrada na achega de solucións empresariais e formativas baseadas en software libre, infórmanos de que vén de recibir o convite do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) para participar directamente na construción do proxecto WikiSkills, unha iniciativa de alcance europeo que se dirixe a aglutinar un grupo de expertos nas (...)

Ler máis

Bricolabs prepara, coa colaboración de Ghandalf, a súa nova edición das xornadas sobre hardware libre na Coruña

Para aqueles que non o saiban, non só hai software, tamén hai hardware libre. Falamos de equipamentos ceibes de licenzas pechadas que achegan unha incríbel marxe de manobra, xa que na súa natureza mesma vai implícita a adaptación a múltiples obxectivos, funcións, tecnoloxías, usos e intereses. Destas cuestións teñen un amplo coñecemento as nosas asociacións (...)

Ler máis

Chega a Bonxe o programa de formación en software libre impartido por MeLiSA

O Centro Penitenciario de Bonxe (Lugo) vai dar acollida hoxe ao comezo do cuarto dos obradoiros da iniciativa Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos, unha achega itinerante de actividades impulsadas e organizadas por AMTEGA e desenvolvidas polos membros da Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA). (...)

Ler máis

GALPon pecha o vindeiro 30 de novembro o seu ciclo formativo de software libre na Residencia Altamar

Vai chegando ao seu remate o ciclo de obradoiros mensuais que organiza en Vigo, na sede da Residencia Altamar, a asociación GALPon. O remate destes Sábados Libres chegará o vindeiro 30 de novembro, coa celebración da quinta xornada do ciclo: o Obradoiro: VIM + Bash - Programación de bash scripting (II), unha continuación da actividade divulgativa de (...)

Ler máis

O software Owncloud xa ten versión galega

O sistema Owncloud é unha solución autónoma e de software libre para a nube persoal ou para un grupo de persoas que precisen compartir ficheiros de calquera tipo. Emporiso, anuncian dende a web de Trasno que o dito software vén de ser traducido ao galego na súa nova versión 0.6, que se atopa en desenvolvemento. Dicir que o responsábel desta tradución foi (...)

Ler máis

Trasno lanza unha nova actualización do corrector ortográfico libre para a nosa lingua

Os días pasados o Proxecto Trasno anunciou a publicación dunha nova versión do corrector ortográfico Hunspell para galego e do engadido para tirarlle partido co navegador aberto Mozilla Firefox. Estas nova versión do corrector non é outra que a 13.10, coñecida xa co sobrenome de Padre Sobreira polo noso colectivo de tradutores, usuarios e desenvolvedores de (...)

Ler máis

O CDTIC acolle até o remate do ano un ciclo de seminarios sobre ferramentas empresariais de software libre

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL), logo do seu chamamento recente a prol de pecharmos fileiras arredor da programación aberta (inzada de vantaxes para o noso tecido empresarial e para os usuarios de a pé) e de presentar a súa folla de ruta open source para autónomos, segue a subir chanzos na escaleira cara a universalización do (...)

Ler máis

As TIC e o software libre chegan ao Centro de Inserción Carmela Arias da man de Voluntariado Dixital

Hoxe luns botaba a andar na Coruña o terceiro dos obradoiros da iniciativa Tecnoloxía e Software Libre nos Centros Penitenciarios Galegos, unha proposta inserida no marco do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta en colaboración coa Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA), para favorecer a inserción laboral dos internos a (...)

Ler máis

A Oficina de SL das Universidades Galegas expón os porqués de estarmos á cabeza do Estado en software libre nos campus

Recentemente os responsábeis de PortalProgramas.com presentaron a súa edición do seu Ranking de Universidades en Software Libre (RuSL), un estudo no que saen especialmente ben paradas as nosas institucións educativas superiores, tal e como sinalamos en Código Cero este mes de maio, facendo fincapé no posto acadado pola Universidade da Coruña (o terceiro), (...)

Ler máis

0 | ... | 280 | 290 | 300 | 310 | 320 | 330 | 340 | 350 | 360 | ... | 860

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade