Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Barrán prepara un servizo de correo electrónico en galego e baixo o dominio .gal

O Grupo Barrán, empresa de Santiago especializada en formación e desenvolvemento arredor do software libre, infórmanos esta semana dunha importante novidade no seu catálogo de recursos informáticos: un servizo electrónico en galego baixo o dominio .gal, de balde, e que seria quen de achegar as máximas condicións de seguridade e privacidade para o usuario (o seu (...)

Ler máis

AMTEGA publica unha guía de boas prácticas para a liberación de coñecemento dende a Administración

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, anunciou estes días a publicación dun manual de uso sobre coñecemento aberto e software libre aplicado á información xerada pola Administración autonómica. Ademais, a Guía de boas prácticas para a Liberación de Publicacións da Xunta de Galicia incide nas moitas vantaxes e beneficios que implica empregar (...)

Ler máis

A liberación de software protagonizará o primeiro Xoves Libre de abril

Dentro da serie de eventos organizados polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) coñecida como Xoves Libres o vindeiro 3 de abril ás 19:00 horas no laboratorio 0.1w da Facultade de Informática da Coruña terán lugar un par de relatorios relativos ao software libre.

Ler máis

Anunciado o remate definitivo da iniciativa One Laptop Per Child

Que foi da iniciativa One Laptop Per Child (OLPC) coa que se pretendía equipar a cada neno do planeta cun computador de reducidas dimensións? A iniciativa, posta en marcha en 2007 e impulsada polo profesor Nicholas Negroponte, leva anos esmorecendo. Cal foi a estocada definitiva? Pois probablemente a marcha de Intel, que anunciou a comezos de 2008 que (...)

Ler máis

Makers.lugo e Bricolabs celebran en Lugo nunha xornada aberta os dez anos de Arduino

Arduino, plataforma de hardware e software libre baseada nun placa que facilita desenvolvementos múltiples de electrónica e intelixencia artificial, conmemora estes días os seus dez anos de vida e na nosa terra hai xa unha chea de xente que non quere deixar pasar a oportunidade de salientar o incríbel valor deste recurso á hora de democratizar a robótica e o (...)

Ler máis

Galegram vaise facendo un oco firme entre os usuarios galegos de mensaxería instantánea

De Galegram xa falamos os días pasados (adiantando que se trata dunha interface en desenvolvemento de Telegram en galego), pero da man de Pablo Bejerano temos máis datos que achegar sobre esta interesante alternativa ao WhatsApp na nosa lingua. Para comezar, Galegram só emprega o galego. Ademais, aos tres días de estar dispoñíbel en Google Play, xa foi quen (...)

Ler máis

Xercode leva o seu sistema XeBook ás Universidades de León, Valladolid, Burgos e Salamanca

A empresa galega Xercode, especializada en desenvolvemento e servizos de integración de programas abertos, vén de informarnos dun novo traballo de seu levado a cabo en institucións académicas estatais, traballo que engadir ao recentemente realizado para a Universidade Pontificia de Salamanca (onde Xercode levou as rendas dun proceso de migración en materia (...)

Ler máis

GALPon organiza unha xornada explicativa sobre a importancia da liberdade dos documentos

Con motivo da celebración do Día Internacional da liberdade dos Documentos (DFD) -que será o vindeiro mércores 26 de marzo- o Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo organizará unha xornada sobre a necesidade de liberar a documentación académica e de investigación así como a importancia do uso dos estándares abertos. (...)

Ler máis

GPUL abre a vindeira semana os seus Xoves Libres

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux informa estes días da organización de novas actividades informativas e, por suposto, formativas. Actividades, claro está, xirando unha vez máis arredor da listaxe infinita de cousas que poden facer polo noso día a día os programas de software libre. Máis polo miúdo, estamos a falar dun novo ciclo de xornadas de (...)

Ler máis

A FECYT elixe á galega Xercode para o mantemento e soporte de revistas científicas

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) é unha organización pública que abría as súas portas en 2001. A súa principal meta é a de impulsar a ciencia e a innovación promovendo o seu achegamento á sociedade e dando respostas ás necesidades do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Empresa (SECTE). Emporiso, a nova en cuestión é que a FECYT vén de (...)

Ler máis

0 | ... | 250 | 260 | 270 | 280 | 290 | 300 | 310 | 320 | 330 | ... | 860

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade