Sixto Arias participará esta tarde en Iniciador Galicia
xoves, 1 de marzo do 2012
O Club Financeiro de Vigo, sito na Avda. De GarcÃa Barbón,
62, acollerá esta tarde ás 19:00 horas un novo encontro organizado por
Iniciador Galicia que centrarase nun relatorio de Sixto Arias, emprendedor galego do
sector tecnolóxico que participou na creación de 7 empresas que desenvolveron
actividades en paÃses como Suecia, Alemaña, China, Francia, Portugal e
Marrocos, compartindo asà a súa experiencia cos asistentes, que poderán inscribirse previamente
no evento a través de Facebook ou por
correo electrónico.
Arias é co fundador de Movilisto e responsable do seu espallamento
internacional, de Result Ventures, e na actualidade ocupa o posto de director
xeral en Mobiext. Tamén imparte clases nos masters do CEU, ESIC, Universidade
Complutense e outras escolas de negocios. Entre os temas que abordará neste
encontro para emprendedores tecnolóxicos galegos estará a paulatina perda de
peso que os ordenadores teñen na Internet.
