Samsung presenta dispositivos Android con pantallas de 7,7 e 5,3 polgadas
venres, 2 de setembro do 2011- O Samsung Galaxy Tab 7.7 é o primeiro dispositivo da súa categorÃa en incorporar unha pantalla Super AMOLED Plus
Para competir co
iPad de Apple dende Samsung están a apostar con moita forza polo seu tablet con
pantalla de 10,1 polgadas, pero co gallo do IFA deBerlÃn sorprenden apostando
por varios dispositivos de menor tamaño como o Samsung
Galaxy Tab 7.7, que presume de ser o primeiro tablet móbil con pantalla
Super AMOLED Plus (que ofrece un elevado nivel de brillo), pero que tamén
destaca por outros detalles como contar cun procesador de dobre núcleo a 1,4
GHz mentres contén o seu grosor en 7,89 milÃmetros e o seu peso en 335 gramos,
polo que serÃa un dos tablets de maior portabilidade no mercado.
Este dispositivo tamén ten unha boa autonomÃa (a súa baterÃa de 5.100 mAh
permÃtelle reproducir vÃdeo 10 horas seguidas) e funciona co sistema operativo
Android 3.2. Pode ampliarse a súa capacidade interna mediante tarxetas microSDHC
de ata 32 Gb, ten conectividade HSPA+ de ata 21 Mbps, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0,
USB 2.0, GPS, cámaras de 3 e 2 MpÃxeles e, pese a ter unha pantalla de reducido
tamaño, pode reproducir vÃdeo en alta definición a 1.080p (inclúe soporte de
DivX, Xvid, WMV, H.263, H.264 e MPEG-4).
- O Samsung Galaxy Note permitirá utilizar unha stylus na súa pantalla táctil e conta cunha elevada resolución
Pero para moitos resulta aÃnda máis rechamante outro produto máis cativo, o Samsung
Galaxy Note, que coa súa pantalla Super AMOLED de 5,3 polgadas cunha resolución
de 1.280 x 800 pÃxeles abre unha nova
gama de dispositivos que busca ter unha portabilidade semellante á dun teléfono
móbil, pero con algunhas prestacións máis propias dun tablet. Esta pensado para
empregarse cun punteiro chamado S Pen, facilitando tomar notas e capturar ideas
en mobilidade, recuperando en parte o espÃrito dos PDA ao converterse nunha
especie de caderno dixital avanzado.
A pantalla de alta resolución do Galaxy Note permite que sexa posible ver
presentacións de PowerPoint, páxinas web, aplicacións de novas, libros
electrónicos... minimizando o uso do desprazamento ou do zoom, e o seu
procesador a 1,4 GHz garante unha fluidez de uso do seus sistema operativo
Android 2.3. Tamén conta con conectividade móbil (HSPA+ de ata 21 Mbps),
cámaras de 8 e 2 MpÃxeles, reprodución multimedia (soportando ata vÃdeos en
alta definición a 1.080p), GPS, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, USB 2.0, 16/32 Gb de
memoria interna (ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb), unhas
medidas de 145,82 x 82,95 x 9,65 milÃmetros e unha baterÃa de 2.500 mAh.
VÃdeo de presentación do Samsung Galaxy Note