Pedro Sánchez anuncia na Coruña a creación dunha Oficina Nacional de Asesoramento CientÃfico
venres, 9 de febreiro do 2024
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, participou na Coruña, no acto DÃa da Muller e a Nena na Ciencia: espertando vocacións STEAM, ao que acudiron preto dun cento de alumnos de ESO e Bacharelato dos IES Rafael Dieste e Salvador de Madariaga. No coloquio interviñeron a ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant; a ministra de Educación, FP e Deporte, Pilar AlegrÃa; e a investigadora, Sara GarcÃa, primeira astronauta española da ESA. A alcaldesa lembrou que A Coruña é sede da primeira Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial e estableceu como reto inmediato construÃr un espazo dixital en igualdade: "A fenda dixital é Ãnfima, a de xénero non. E a intelixencia artificial precisa dunha perspectiva en igualdade que só se garante se estamos representadas ao 50%".
No encontro anunciouse a creación dunha Oficina Nacional de Asesoramento CientÃfico, que fomentará e coordinará o uso da evidencia empÃrica e o coñecemento cientÃfico para mellorar a toma de decisións e o deseño de polÃticas públicas.
Con esta Oficina Nacional de Asesoramento CientÃfico, España súmase a paÃses como Reino Unido, Estados Unidos, Canadá, Xapón e Nova Zelandia, que nos últimos anos se dotaron de unidades e mecanismos de asesoramento cientÃfico. Sánchez destacou que "dende a polÃtica tamén necesitamos o asesoramento da Ciencia para arroxar algo máis de luz".
"Hablar do futuro é falar de Ciencia", reafirmou. "Especialmente hoxe e aquÃ, na Coruña, na cidade sede da que vai ser a primeira Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial, porque será aquÃ, en Galicia, na Coruña, onde se traballe de preto cunha tecnoloxÃa fascinante", recordou.
Tempo de pioneiras, compromiso co avance cientÃfico
"Este é tempo de pioneiras", defendeu o presidente, que engadiu que, fronte á desigualdade de xénero "é importante que ocupedes eses espazos, porque non hai profesión á que non poidades dedicarvos". "É xustiza social, pero tamén intelixencia que haxa igualdade", dixo. Sánchez puxo o exemplo de Sara GarcÃa Alonso, a primeira muller astronauta española, presente no acto, como referente "para que centos de miles de rapaces, de rapaces e de rapazas, poidan dicirse a si mesmos que eles e elas tamén poden facelo", porque "nesa posibilidade, nese pequeno cambio na mirada, ábrense moitas vocacións".
O presidente destacou o compromiso do Goberno co avance cientÃfico. "Comprometémonos coa Educación, coa Formación Profesional, coas Universidades, coa Innovación e coa Ciencia", recordou. A este respecto, repasou actuacións do Executivo como a aprobación dunha dotación adicional de 1.000 millóns de euros destinados á Ciencia; o impulso de grandes reformas, como a Lei de Ciencia ou a de FP, con 2.000 millóns de euros.
España supera a media europea en número de mulleres cientÃficas e innovadoras, un 14% máis de investigadoras que en 2020, pero "a xustiza e a igualdade conquÃstanse, non veñen dadas, hai que actuar", sinalou o presidente. "Estamos a facer as cousas ben", e "é un enorme éxito do conxunto da sociedade", porque "o futuro é voso".