Ozona Consulting organiza o IV Fórum Internacional ISO 20000 en Portugal
venres, 20 de setembro do 2013
Ozona Consulting, compañÃa con sede en Santiago de
Compostela especializada en consultorÃa de implantación de sistemas de xestión ISO 20000, ISO 27001
e ISO22301, organizará un ano máis o Fórum Internacional ISO 20000
en Portugal. Nesta edición ademais a Asociación Portuguesa de
Certificación, APCER, lÃder do mercado da certificación no paÃs veciño
dende hai máis dunha década, actuará como co organizador. O evento terá lugar o
dÃa 26 de setembro no Hotel Myriad da capital lusa.
O obxectivo é potenciar este evento como principal punto de encontro
empresarial no ámbito da Calidade de Servizos de TI. Este ano o Fórum incorpora
varias novidades, a principal é que terá un espazo para dúas normas que
complementan a xestión de calidade dos servizos TI, a ISO 27001,
sobre seguridade da información, e a ISO 22301, para a continuidade de
negocio.
Para afondar e ofrecer aos asistentes (principalmente responsables de tecnoloxÃas
de información e de calidade) a mellor información sobre elas, participarán os
editores principais destas tres normas: Angelika Plate (ISO 27001),Dave
Austin (ISO 22301) e Lynda Cooper (ISO 20000).
O panel de oradores completarase coa primeira editora internacional portuguesa
dunha norma ISO de TI, Raquel Porciúncula, co editora da ISO 27003
e Consultora de Ozona. Tamén terán relatorio Diego Berea, co editor
da ISO 20000-2 e editor da ISO 20000-9, e Irmán Correia, coordinador
de Certificación de APCER.
