Os pico-proxectores chegan ao mercado australiano en setembro
luns, 4 de agosto do 2008
O videoproxector en
miniatura de Aiptek, o Mint V10 (que se presentara no Computex
baixo o nome de PocketCinema V10), parece que finalmente vai chegar
ás tendas, e Mint
Trading vai comercializalo en Australia e Nova Celandia en setembro.
O pequeno proxector de 12x5 x 5,5 x 2,3 centÃmetros (dimensións moi semellantes
á dun smarthphone) pode crear unha
imaxe de 50 polgadas a 1,8 metros de distancia e o seu prezo de venda será de
649 dólares (389,40 euros), o que o fai apto tanto para usos profesionais coma
domésticos.
Actualmente non hai nada no mercado coma este proxector de peto, agardándose
que no futuro cheguen a integrarse en móbiles, cámara de vÃdeo ou marcos
dixitais.