Os Xogos OlÃmpicos poderanse seguir en alta definición
mércores, 13 de febreiro do 2008

- Luis Fernández durante a rolda de prensa na que anuncian a programación especial dos Xogos
A Corporación Radio Televisón Española anunciou
nunha rolda de prensa que vai mobilizar a un equipo de 200 profesionais para
dar unha excelente cobertura dos XXIX Xogos OlÃmpicos que se celebrarán en PequÃn
entre os dÃas 8 e 24 de agosto, emitÃndose a meirande parte dos contidos a través
de La 2, aÃnda que La 1, Teledeporte, rtve.es e Radio
Nacional tamén apoiarán as retransmisións.
A
innovación de TVE este ano estará na emisión dos Xogos en alta definición a
través de TDT, asà como na emisión a través da Internet e do móbil a través
do portal web do ente.
O presidente da Corporación, Luis
Fernández, declarou que «gañar
medallas depende dos deportistas; realizar a mellor retransmisión depende dos
profesionais de RTVE, o orgullo desta casa».
