Orange, Telefónica e Vodafone colaboran para crear servizos dixitais máis seguros

martes, 6 de febreiro do 2024 Redacción

Kate Whitehead (GSMA), Javier Pascual (Telefónica), Beatriz Fernández (Vodafone), Juan Reyero Montes (Orange) e Óscar Rodríguez (Vonage)

Os principais operadores de España, Orange, Telefónica e Vodafone, anunciaron hoxe o lanzamento de dous novos servizos deseñados para axudar aos desenvolvedores a enfrontar o fraude en liña e protexer as identidades dixitais dos clientes de telefonía móbil como parte da iniciativa mundial GSMA Open Gateway.
Falamos de dous servizos de API centrados en mellorar a seguridade dixital: Number Verification e SIM Swap. Estas API permitirán aos equipos de desenvolvedores e socios crear novas capas intelixentes de autenticación, verificación e seguridade para os clientes dentro das redes de telefonía móbil. Isto axudará ás empresas, así como a institucións financeiras e entidades de comercio en liña, a enfrontar o fraude de identidade a través da mellora da autenticación dos usuarios e a seguridade. Estes novos servizos estarán dispoñibles no mercado español a partir do Mobile World Congress (MWC), que se celebrará en Barcelona do 26 ao 29 de febreiro.
As dúas API de verificación en liña e antifraude que se presentan hoxe polos operadores en España son:
– Number Verification: É unha evolución sinxela para calquera empresa ou entidade que utilice números de móbil e contrasinais de un único uso por SMS. En lugar de depender das mensaxes de texto, a verificación do número pode activarse de forma automática e sen problemas para constatar a identidade dun usuario. Isto non só mellora a experiencia deste, senón tamén evita posibles problemas, como que os usuarios non reciban un SMS ou teñan dificultades debido á súa escasa familiaridade coa tecnoloxía.
– SIM Swap: Serve para comprobar se un determinado número de teléfono cambiou recentemente de tarxeta SIM. Isto axuda a mitigar os ataques de apropiación de contas, nos que os estafadores toman o control da tarxeta SIM do propietario da conta utilizando técnicas de enxeñaría social e datos persoais roubados. Por exemplo, no momento dunha transacción financeira, unha entidade financeira pode comprobar se a relación entre o número de teléfono e a tarxeta SIM do cliente cambiou recentemente, o que axudará a decidir se aproba ou non a transacción.

PUBLICIDADE