Oppo Watch Free, un novo reloxo conectado económico
luns, 27 de setembro do 2021
Como alternativa económica ao Oppo
Watch 2 o fabricante chinés presenta o Oppo Watch Free,
que adopta un formato lixeiramente diferente e con menores prestacións, pero
que mantén funcións importantes como a monitorización continúa do pulso e do
nivel de osíxeno en sangue (así como a análise do sono), a realización de
pagamentos contactless, resistencia á auga (5 atmosferas) e autonomía
duns 14 días por só 549 iuans (73 euros) na versión básica e por 599 iuans (79
euros) con NFC.
Este novo reloxo conectado conta cunha pantalla AMOLED de 1,64 polgadas cunha
resolución de 280 x 456 píxeles (ou sexa, cun formato alargado), sen botóns
físicos, con rexistro dun cento de modos deportivos, conectividade Bluetooth
5.0 e compatibilidade con iOS e Android.
En vista das súas prestacións, poderiamos describir o produto como unha
pulseira de actividade que aposta por unha pantalla de maior tamaño para
comportarse como un smartwatch básico, o que agradecerán os que busquen
produtos con grande autonomía.
- O modelo con NFC permite a realización de pagamentos móbiles.