Oculus estreará sistema de control para a súa realidade virtual en decembro
xoves, 6 de outubro do 2016
Hoxe e mañá celébrase a terceira edición Oculus Connect, o
encontro para desenvolvedores de tecnoloxÃas de realidade virtual da plataforma
propiedade de Facebook, na que se xuntan preto de tres mil profesionais de todo
o mundo para compartir os últimos desenvolvementos en hardware, software e
contidos de realidade virtual, aproveitando
a ocasión Oculus para anunciar o lanzamento do seu sistema de control para o
seu casco de realidade virtual, Touch, que poderá reservarse a partires do
dÃa 10 por 199 dólares e comezará a remitirse aos compradores o 6 de decembro,
incluÃndo a reservas os xogos VR Sports
Challenge e The Unspoken.
Estes
novos mandos tamén terán a posibilidade de funcionar en combinación cun sensor
espacial que poderá adquirirse de xeito independente por 79 dólares a partires
do lanzamento de Touch. Na mesma liña tamén se porán á venda os Oculus
Earphones, auriculares que poden integrarse no casco de Oculus, e que custarán
49 dólares, converténdose nun complemento ideal para quen queira illarse do
mundo real durante as experiencias de VR.
Casco de realidade virtual autónomo
Pero un dos anuncios máis importantes da xornada de hoxe foi que Oculus está a traballar nun prototipo de solución de realidade virtual que leva por nome clave Santa Cruz, e que serÃa unha solución de realidade virtual completa integrada no casco, ou sexa, que non precisarÃa nin dun ordenador nin dun smartphone para funcionar, aÃnda que polo momento non adiantan prazos sobre a súa comercialización.
Oculus Parties e Rooms
Outro ámbito no que están a efectuar grades avances é na creación de interfaces para a realidade virtual, como os Oculus Avatars, elementos gráficos que servirán para representar aos usuarios nos contornos virtuais, e que poderÃan ser a chave das solucións de telepresenza a través da creación de Oculus Parties (chamadas de voz de até persoas en contornos de realidade virtual) e de Oculus Rooms (lugares onde poder quedar cos amigos para ver pelÃculas ou lanzar aplicacións simultaneamente e asà poder explorar o ecosistema xuntos). Tanto Parties como Rooms chegará a Gear VR nas vindeiras semanas, chegando ás Oculus Rift a primeiros do ano que vén.
Hardware máis asumible
Os cascos de realidade virtual para PC non teñen como
único atranco o seu propio prezo, senón tamén o feito de que, para funcionar,
precisan de equipos informáticos que normalmente superan sobradamente os mil
euros, algo que dende Oculus veñen de solucionar grazas a unha técnica que
chaman Asynchronous Spacewarp (ASW), que permite que os xogos poidan correr cunha
taxe de fotogramas reducida, pero conseguindo unha sensación equiparable á do renderizado a 90 Hz, de xeito que non
marearÃa aos usuarios e conseguirÃa funcionar en equipos de prestacións máis
reducidas. De feito, durante a presentación de hoxe deron conta dun ordenador
de Cyberpower baseado en procesadores de AMD capaz de funcionar coas Rift que
terÃa un prezo de só 499 dólares.
Outro grande salto no ámbito dos equipos para realidade virtual é que á familia
de ordenadores Oculus Ready únense
varios ordenadores portátiles de Asus, Gigabyte, Lenovo e AORUS, todos con
gráficas nVIDIA que permite unha boa experiencia en equipos portátiles, algo
que hai un ano parecÃa difÃcil de conseguir.