O prazo para presentarse aos premios do festival MexilOnseTuits continúa aberto ata fin de mes
venres, 4 de xullo do 2014
O Festival Social Media de Galicia, MexilOnseTuits afronta o
seu último mes de prazo para presentar os traballos aos terceiros Premios
Galegos do Marketing en Medios Sociais. Dende a organización aseguran seguir a “recibir
traballos para o festival a bo ritmo, o prazo estará aberto ata finais de xullo
para presentar candidaturas nas 8 categorías propostas para este ano”. Mentres
tanto nestes días estase a pechar a composición do xurado que terá
a tarefa de avaliar as candidaturas recibidas e seleccionar aos gañadores.
Composto por prestixiosos profesionais do ámbito da
comunicación, o marketing e as redes
sociais, a súa experiencia e bo criterio determinará en primeiro lugar os tres
mellores traballos en cada unha das categorías a concurso: Mellor
Blog de Moda; Mellor Blog Informativo/Cultural; Mellor Blog Turístico; Mellor
Blog Gastronómico; Mellor Campaña Social; Mellor Campaña Comercial, Mellor Video Viral e Mellor integración
E-commerce. Os gañadores só se darán a coñecer na gala do Festival Social
Media, que terá lugar o vindeiro 18 de outubro no Auditorio Municipal de Cangas.
Javier Varela, consultor de marketing; David Mora,
consultor, formador e responsable do blog EmoTurismo; Daniel Martí, profesor de
Comunicación en Pontevedra, Javier Hernández,
gestor de campañas turísticas en liña; Ana Rumbao, da axencia creativa La
Ballena que va llena; Xosé Bangueses, de FECIMO e Álvaro Gómez Vietes, doutor
en Economía de la UNED e autor de obras vencelladas a publicidade, o marketing e as redes sociais son os
primeiros nomes dos profesionais que comporán este xurado, e aos que a
organización agradece a súa colaboración desinteresada sen a cal no sería
posible levar adiante este traballo.
Toda información sobre categorías, prazos de inscrición e
requisitos poden consultarse a través
da web do evento,
onde tamén se lembra o espírito que da sentido á celebración deste festival: o
de colaborar para darlle visibilidade aos traballos, campañas e iniciativas 2.0
que destacaron na nosa comunidade nos últimos meses.
