O festival en liña Animacam bótase á vida real na Coruña, en febreiro no MAC
mércores, 30 de xaneiro do 2013
Animacam,
o festival galego de cinema e animación que naceu na Rede e para os
internautas, vai dar o chimpo ao mundo real. Máis polo miúdo, a un
mundo real ben concreto: o do Museo de Arte Contemporáneo Gas
Natural Fenosa (MAC) da Coruña, entre os dÃas 5 e 8 de febreiro. O
festival, do que temos falado en Código Cero para salientar entre
outras cousas a súa aposta polas canles en liña ou os
recoñecementos ás mulleres directoras feitos dende o seu seo,
terá a partir dese intre unha vida dupla: como certame fÃsico con
datas e emprazamento concreto (acubillando 36 filmes) e, tamén, como
certame en liña (con máis de corenta tÃtulos finalistas, xa).
Malia todo, non serán vidas que se exclúan. De feito, a metodoloxÃa
usada para votar as melloras obras na primeira andaina do festival (o
xurado son os internautas), será semellante na segunda andaina: vota
o público.
Lembrar que Animacam comezou coñecéndose tamén
como Festival de Animación en Internet, vindo da man de Limaia
Produccións (con sede en Sandiás, Ourense) co patrocinio do
Xacobeo, Turgalicia e as consellerÃas de Cultura e de EconomÃa e
Industria.
O certame xurdiu cun obxectivo ben claro: pór en
competición pezas chegadas de todo o mundo, favorecer a creación
audiovisual dende todas as frontes (autores, escolas, produtoras) e,
tamén, dar información sobre o Camiño de Santiago do mellor xeito
(unhas biblioteca, fototeca e videoteca virtuais do Camiño cos
escritos, fotos e vÃdeos dos peregrinos-internautas). Recordar tamén
que a primeira achega de Animacam.tv, celebrada de xullo a outubro de
2008, foi visitada por máis de 75.000 internautas e rematou coa
participación nas seccións competitivas de 164 filmes de animación
procedentes de 33 paÃses dos que seis foron seleccionados para
cadanseus premios de 2.000 euros por votantes rexistrados dende máis
de 40 paÃses.
