O auriculares Sennheiser Momentum 5 terán baterÃa substituÃble polo usuario
luns, 25 de maio do 2026
A nova xeración de auriculares sen fÃos de alta gama de Sennheiser chegarán ás tendas estadounidenses o vindeiro 16 de xuño a un prezo de 399,99 dólares (que poderÃa traducirse en 369,99 euros se atendemos ao prezo de lanzamento da anterior xeración de auriculares), continuando a súa aposta pola calidade de son, a cancelación activa de ruÃdo e a grande autonomÃa.
Os Sennheiser Momentum 5 Wireless manteñen transdutores de 42 milÃmetros fabricados en Tullamore (Irlanda), inspirados na serie HD 600, e engaden compatibilidade con audio Hi-Res e Snapdragon Sound con soporte para aptX Lossless mediante Bluetooth 5.4. A reprodución sen perdas busca ofrecer audio sen compresión, preservando o sinal orixinal tal e como foi masterizado.
O son pode personalizarse mediante a aplicación Smart Control Plus, que incorpora un ecualizador de 8 bandas, perfÃs configurables e un sistema de adaptación sonora intelixente. Tamén se incorpora audio espacial con seguimento de cabeza compatible con Dolby Atmos a través dunha actualización de firmware dispoñible dende o lanzamento.
A cancelación adaptativa de ruÃdo foi unha das áreas máis reforzadas nesta xeración. O sistema emprega agora oito micrófonos (catro en cada lado) para mellorar tanto a redución de ruÃdo ambiental como a claridade das chamadas. Sennheiser asegura que o ANC é ata tres veces máis eficaz reducindo voces e frecuencias medias respecto á xeración anterior.
Os Sennheiser Momentum 5 Wireless tamén destacan pola súa orientación á durabilidade. A baterÃa interna de 700 mAh pode ser substituÃda polo propio usuario empregando un desaparafusador Phillips convencional, unha decisión pouco habitual neste segmento e que busca prolongar a vida útil do dispositivo. A autonomÃa acada ata 57 horas de uso con cancelación de ruÃdo activada e conta con carga rápida.
