O Sony Xperia T3 preséntase como un smartphone de gama media con acabado premium

martes, 3 de xuño do 2014 Marcus Fernández

O Sony Xperia T3 ve a luz presumindo de ser o smartphone con pantalla de 5,3 polgadas máis delgado do mundo grazas aos seus só 7 milímetros de grosor, que é un dos detalles a destacar deste curioso terminal que sorprende principalmente por manterte na gama media pero ter unha aparencia externa de dispositivo de alta gama.
Este atractivo teléfono, pese ao seu elevado tamaño consegue conter o seu peso en 148 gramos; tamén chegará ao mercado en tres cores bastante elegantes (branco, negro e púrpura), presume dun marco de aceiro inoxidable (que tamén fai de antena) e a súa parte traseira está deseñada cun material mate. Dá unha sensación de robustez, aínda que tamén consegue entregar unhas imaxes moi vivas a través da súa pantalla IPS TRILUMINOS de alta definición, toma boas fotografías coa súa cámara traseira de 8 Mpíxeles con Exmor RS e HDR (incluso na gravación de vídeo), pode aproveitar a velocidade das conexións 4G, funciona cun modesto procesador de catro núcleos a 1,4 GHz, e a súa batería de 2.500 mAh permítelle presumir de boa autonomía (en boa medida por contar co modo STAMINA propio dos dispositivos móbiles de Sony).
Este terminal con Android 4.4, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), Bluetooth 4.0, NFC, cámara frontal de 1,1 Mpíxeles (e vídeo a 720p) comezará a súa comercialización global a finais do mes de xullo.

O Sony Xperia T3 consegue un agarre firme grazas ao seu acabado de alta calidade


Vídeo de presentación do Sony Xperia T3

PUBLICIDADE