O Sony Dash faise internacional
luns, 5 de xullo do 2010
Na liña do Chumby,
Sony desenvolveu un visor persoal da
Internet coñecido coma Sony
Dash e que leva uns meses á venda nos EE.UU. por 199,99 dólares, e que
agora adiante a compañÃa que vai eliminar
as restricións que impedÃan que o trebello funcione fóra dos EE.UU., de
xeito que ábrese ao mundo.
O Sony Dash conta cunha pantalla táctil capacitiva de 7 polgadas cunha
resolución de 800 x 480 pÃxeles, sensor de luminosidade, Wi-Fi, altofalantes
estéreo, porto USB 2.0, conector para auriculares estándar, capacidade de
reprodución multimedia e a posibilidade de utilizar máis de 1.000 aplicacións
entre as que están Facebook, YouTube, Twitter ou GMail, polo que este
dispositivo que parece orientado a converterse nun espertador 2.0 dá moito de
si, de xeito que pode amosar contidos achegados da Rede, coma fluxos RSS,
información meteorolóxica, galerÃas de imaxes…