O PuzzlePhone busca financiamento en Indiegogo
mércores, 4 de novembro do 2015
As
promesas de smartphones modulares, nas que o usuario poida configurar elementos
e actualizalos de xeito independente, non parecen concretarse, e aÃnda que
Google estea a progresar nesta dirección, iso non impide a emerxencia de
alternativas, coma o PuzzlePhone, un produto que chega dende Finlandia e que busca
financiamento a través de Indiegogo.
Para que este produto sexa realidade buscan xuntar 250.000 dólares, para o que
aceptan achegas de mecenas que darán dereito a distintas recompensas que neste
momento parten dun PuzzlePhone de 16 GB de almacenamento interno por 299 euros,
un PuzzlePhone de 32 GB por 399 euros ou un PuzzlePhone de 64 GB por 499 euros,
o que son uns prezos bastante elevados para un produto que non verÃa a luz até
outubro de 2016 e do que non teriamos as mesmas garantÃas que cando Google
entre neste segmento de produto.
O concepto do PuzzlePhone consiste en dividir o smartphone en 3 partes que
serÃan o cerebro (CPU, GPU, RAM, almacenamento e cámara), a columna vertebral
(principalmente a estrutura que integra a pantalla) e o corazón (a baterÃa e
algúns elementos adicionais que se irÃan engadindo en función das demandas dos
usuarios).
As especificacións técnicas de partida consistirÃan nun smartphone con Android
6.0 (ou superior) cunha pantalla Full HD de 5 polgadas, procesador ARM de 64
bits e 8 núcleos, 3 GB de RAM, 16/32/64 GB de almacenamento interno, cámaras de
12 e 5 MpÃxeles, conectividade 4G (podendo chegar até a CategorÃa 6 en función
dos mercados), USB 3.0/2.0 tipo C, NFC, Bluetooth 4.2, Wi-Fi AC, un grosor de
8,9 milÃmetros e un peso de 170 gramos, ou sexa unhas especificacións que
casarÃan coas de moitos smartphones de gama media-alta actuais, o que poderÃa
resultar insuficiente para un dispositivo deste rango de prezo que tardarÃa
preto dun ano en ver a luz (momento no que é de agardar que poidan adquirirse
terminais semellantes por prezos moi inferiores).
VÃdeo promocional da campaña de financiamento do PuzzlePhone