O MobileLite Wireless permite acceder a memorias USB e tarxetas SD dende dispositivos móbiles
martes, 28 de maio do 2013
Para facilitar o acceso a memorias USB e tarxetas SD Kingston
pon á venda un dispositivo chamado MobileLite Wireless,
que cole a música, as fotografÃas, os vÃdeos e os ficheiros en xeral que
teñamos almacenados e facilita que a través de Wi-Fi poidamos acceder aos
mesmos dende o noso dispositivo móbil valéndonos dunha aplicación
de balde dispoñible para iOS e para
Android. Deste xeito, os documentos estarÃan dispoñibles ata para 3
usuarios á vez, aÃnda que esa non serÃa a única prestación interesante deste
trebello que integra unha baterÃa de 1.800 mAh que serve non só para permitirlle
funcionar durante 5 horas de uso continuo, senón que tamén pode funcionar como
baterÃa externa para cargar o móbil en caso de emerxencia.
O MobileLite Wireless pode acceder a memorias formatadas en FAT, FAT32, exFAT e
NTFS, e pode ler tarxetas SD, SDHC, SDXC e microSD (estas últimas, cun
adaptador incluÃdo); mide 124,8 x 59,9 x 16,65 milÃmetros, pesa 98 gramos e
está á
venda por uns 60 euros.
- O Kingston MobileLite Wireless pode funcionar como cargador portátil