O Mi Note 10 Pro chega a España
luns, 23 de decembro do 2019
O
pasado 15 de novembro chegou a España o Mi Note 10, smartphone de Xiaomi que
cun prezo de 549 euros prometÃa ofrecer unha magnÃfica experiencia fotográfica,
pero a grande superioridade en cámaras da que presumÃa Xiaomi non estaba presente
neste modelo en concreto, senón no Mi Note 10 Pro, que conseguiu
unha puntuación de 121 en DxOMark, superando ao iPhone 11 Pro e ao Galaxy
Note 10+, e que abre
hoxe as súas reservas en España a un prezo de 649 euros (premiándose a
reserva cun cupón de 100 euros).
Esta versión do Mi Note 10 inclúe 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento, pero tamén
muda nun elemento moi importante, a súa cámara principal de 108 MpÃxeles, que
en vez de ter unha lente de 7 elementos, conta cunha lente de 8 elementos, de
aà que supera lixeiramente á versión ordinaria deste smartphone, que resulta
bastante curioso por innovar a nivel de cámara sen converterse no móbil
insignia de Xiaomi, xa que a nivel de procesador optar por un gama media.