O LG X cam e LG X screen verán a luz no Mobile World Congress
luns, 15 de febreiro do 2016
LG anunciou hoxe que vai
levar ao Mobile World Congress de Barcelona os seus novos smartphones da
familia X, que buscan facerse un oco no mercado da gama media ofrecendo algunhas
prestacións propias da alta gama como reclamo.
O LG X cam é un smartphone realmente rechamante, por contar cunha cámara
traseira dobre de 13 e 5 MpÃxeles (a cámara frontal tampouco quedarÃa curta con
8 MpÃxeles) e ter un grosor de entre 5,2 e 6,9 milÃmetros e cun peso de 118
gramos, de xeito que serÃa un terminal moi confortable na man.
Este terminal conta cunha pantalla Full HD de 5,2 polgadas, procesador de oito
núcleos a 1,14 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de ROM, baterÃa de 2.520 mAh e carcasa
dispoñible en varias cores (prata, brnco, ouro e ouro rosa).
O outro modelo que completarÃa a familia serÃa o LG X screen, que contarÃa
cunha pantalla secundaria sempre acendida na liña do impresionante V10, pero
cun prezo moito máis baixo. Esta pantalla secundaria de 1,76 polgadas permite
acceder ás aplicacións máis usadas, responder chamadas sen interromper a
actividade actual ou simplemente controlar a reprodución musical. Tamén pode
empregarse para consultar a hora, a data, a baterÃa...
Este móbil serÃa bastante máis modesto que o anterior, cunha pantalla HD de
4,93 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de
ROM, cámaras de 13 e 8 MpÃxeles, baterÃa de 2.300 mAh, un grosor de 7,1
milÃmetros e carcasa dispoñible en tres variantes (negro, branco e ouro rosa).