O LG Flatron W2252TE aforra un 45% de consumo enerxético
venres, 13 de xuño do 2008
O fabricante surcoreano LG anuncia o que consideran que é o monitor LCD máis ecolóxico
do mundo, pois o Flatron W2252TE é un monitor de 22 polgadas que
precisa 40 vatios menos para funcionar que outras pantallas semellantes,
conseguindo un aforro de enerxÃa dun 45%. O novo monitor chegará
ao mercado británico en agosto.
Os dispositivos de maior eficiencia enerxético teñen unha dobre vantaxe: xeran
menos emisións de dióxido de carbono e supoñen un aforro de corrente (polo que
tamén son máis económicos a longo prazo).
Neste momento o camiño verde que
están a buscar os fabricantes de electrónica de consumo vai dirixido a un
reducido consumo, polo que a aposta pola redución de produtos quÃmicos
tóxicos ou o uso de materiais
biodegradables aÃnda é minoritaria, aÃnda que xa existen prototipos que
empregan cubertas de bambú en substitución ao plástico que cada dÃa se ve con
peores ollos na informática doméstica.