O DÃa do Emprendedor de Galicia celebrarase este martes coa vista posta nas TIC
luns, 24 de outubro do 2011
Este martes celébrase en Santiago un evento
multitudinario que, sen ser tematicamente cuestión de prioridade en Código
Cero, apenas se entende, formalmente e de contido, sen a cuestión que nos
atinxe: as novas tecnoloxÃas da información. Estamos a falar do DÃa
do Emprendedor de Galicia na súa edición compostelá, encontro que vén da
man da ConsellerÃa EconomÃa (co IGAPE e BIC Galicia) e que servirá, entre
outras moitas cousas, para pór de manifesto a importancia dos devanditos
recursos dixitais á hora de asumir tódolos restos que esixe unha iniciativa
empresarial, dende o primeiro elo da cadea ata o último. EstÃmase que a
celebración reúna
a máis de 2.000 persoas en Compostela, no Pazo de Congresos, ao longo de
toda a xornada deste martes 25.
Segundo informa a organización, a xuntanza dará
a acubillo a máis de medio centenar de relatores, algúns deles representantes
das institucións públicas ligadas ao emprendemento e á innovación e outros
moitos empresarios e profesionais convocados para dar conta das súas
experiencias perante todas aquelas persoas que estean a piques de pór en marcha
a súa propia iniciativa. Tematicamente, a xornada tocará asuntos como as
posibilidades do mercado actual (nichos de potencial), as vantaxes das novas
ferramentas e servizos tecnolóxicos (como a computación na nube), a busca de
financiamento para empresas tecnolóxicas, etc.
Cómpre lembrar que a cita de Santiago non foi
a única, e que o DÃa do Emprendedor xa tivo edicións recentes en Ourense e Lugo,
o 18 e o 20 de outubro. As sesións comezarán a primeira hora, da man do socio
fundador e accionista primeiro de Intercom, Antonio González. Para tódalas
persoas que non poidan acudir ao Pazo de Congresos ou que queiran completar o
que alà se debata e se expoña, dicirlles que poderán facer un seguimento
exhaustivo do encontro a través das diferentes redes sociais. Entre as
institucións presentes na celebración estará a ConsellerÃa de Educación, que
estes dÃas está a celebrar unhas xornadas para fomentar o espÃrito emprendedor
do alumnado e profesorado de 4º de ESO, Bacharelato e Formación Profesional,
dentro das accións que se están a realizar para o DÃa do Emprendedor 2011. As
accións desenvólvense ata o dÃa 25, precisamente.
A xornada poderá ser seguida a través das redes
sociais. As novidades do encontro estanse a comunicar no seu espazo en Facebook
en LinkedIn e en Twitter. Ademais, a xornada será retransmitida a través de Twitter para todos
aqueles emprendedores que non podan achegarse a Santiago de Compostela.

