O Chumby NeTV quere levar a Internet aos televisores de alta definición
xoves, 8 de setembro do 2011
Para
actualizar os televisores en alta definición en televisores intelixentes está a prepararse unha nova solución, o Chumby NeTV, un
dispositivo pensado para colocar entre unha fonte de vÃdeo externa (unha
consola de videoxogos, un reprodutor de Blu-ray...) e o televisor, para
sobreimprimir a súa interface de uso sobre a imaxe, permitindo asà o acceso a páxinas web, galerÃas fotográficas ou
notificacións en pantalla (como correos electrónicos).
Este dispositivo soportarÃa imaxes en alta resolución (ata 1.080p a 24 cadros
por segundo), serÃa compatible coa meirande parte de fontes de vÃdeo, terÃa un
procesador Marvell a 800 MHz, alimentarÃase por un porto microUSB, gozarÃa de
conectividade Wi-Fi e manexarÃase cun mando a distancia por infravermellos con
7 botóns. Amais tamén gozarÃa
de integración con smartphones (inicialmente con máis posibilidades
con Android, pero que pouco a pouco irÃan espallándose a iOS), de
xeito que poderÃamos ver en pantalla as mensaxes de texto que recibamos ou
utilizar a pantalla táctil do terminal para manexar o dispositivo, asà como para compartir
as fotografÃas coa nosa familia nunha pantalla de grande tamaño. Unha
interesante proposta que aÃnda está por rematar de desenvolver, e que fuxe da
reprodución multimedia doutras solucións para centrarse na Rede como provedor
de contidos e servizos.