O Campus Abanca animará a emprender aos estudantes da UDC
xoves, 16 de marzo do 2017
Esta
mañá presentouse na sede coruñesa de Abanca unha nova iniciativa para
apoiar aos emprendedores e estudantes universitarios nun acto que contou coa
presenza de Tatiana Suárez Cancelo, directora de Responsabilidade Social
Corporativa da entidade financeira, e de Margarita Amor, vicerreitora de
Estudantes, Participación e Extensión Universitaria da Universidade da Coruña.
Trátase a primeira edición do Campus Abanca,
iniciativa de Abanca Obra Social, en colaboración coa Universidade da Coruña, que
celebrarase entre os dÃas 20 e 23 de marzo no campus coruñés.
Esta iniciativa que pretende difundir a cultura emprendedora
entre os mozos universitarios. O evento, que terá un marcado carácter práctico
e tecnolóxico, acollerá diferentes tipos de actividades orientadas a
proporcionar aos universitarios coñecemento útil para afrontar os retos da
transformación dixital e aproveitar as oportunidades profesionais ofrecidas
polas industrias do futuro.
«Esta iniciativa inscrÃbese no Programa de Educación
Financeira de Abanca, a través do cal queremos proporcionar aos diferentes
grupos de idade a información necesaria para a toma de decisións responsables
en relación con aspectos decisivos da súa vida económica e profesional, neste
caso o lanzamento dos seus propios proxectos», explicou Tatiana Suárez; ao que
Margarita Amor engadiu que «para a Universidade da Coruña o Campus Abanca ten
especial interese polo seu evidente sentido práctico e polo seu carácter
transversal, que lle ofrece ao estudantado unha magnÃfica oportunidade de
adquirir coñecementos básicos para o emprendemento e de coñecer as fortalezas e
as debilidades de distintas experiencias».
Programa de actividades
O foro está deseñado a partir dun núcleo temático composto
por obradoiros formativos, relatorios e mesas redondas centradas en diferentes
asuntos relacionados co emprendemento e a tecnoloxÃa, e ao redor dos cales se
celebrarán outras actividades complementarias.
A filosofÃa do evento é netamente práctica, carácter que se
verá reforzado pola presenza de recoñecidos expertos e emprendedores que
compartirán o coñecemento acumulado nas súas experiencias persoais de
lanzamento de proxectos. Participarán en Campus Abanca relatores como Vincent
Rosso (BlaBlaCar), Sacha Michaud (Glovo), David Rosa (Global Sport Innovation
Center de Microsoft), Samuel Molina (youtuber e gamer), MarÃa Olveira (fashion
& travel blogger), Lalo GarcÃa (Conector), Elisabeth MartÃnez (Conector) e
Pako RodrÃguez (Ouishare).
Campus Abanca arrancará o luns 20 no Salón de Graos da
Facultade de Dereito coa celebración do taller Coñeces o marco xurÃdico das start-ups. Lexislación TIC. O
martes 21 a Facultade de Informática acollerá o obradoiro de modelos de negocio
Lanza a túa start-up xa!
Descubrindo Lean Startup. Ao dÃa seguinte, mércores 22, o evento
trasladarase á Facultade de EconomÃa e Empresa, na que terá lugar o taller Necesita a túa start-up financiamento?
Deseña a estratexia da túa rolda.
Tras a celebración destas actividades, o xoves 23 terá lugar
a sesión inspiracional, tamén na Facultade de EconomÃa e Empresa. Ao longo dela
sucederanse mesas redondas relativas a economÃa colaborativa, proxectos fintech,
moda/tendencias e innovación no deporte, un taller práctico sobre industrias de
futuro (drons, impresión 3D e videoxogos), e, por último, varias sesións de networking gamificadas
a través da app do evento e competicións de start-ups.
En paralelo e durante os catro dÃas de duración do evento, o
Espazo ABANCA albergará diferentes actividades e contidos informativos
relacionados co emprendemento, a formación e a captación de talento. A inscrición ás actividades do I Campus Abanca
realizarase vÃa web e estará aberta ata o dÃa 20 unicamente a estudantes da
Universidade da Coruña.
