O CITIC celebrou a súa asemblea ordinaria de 2024

luns, 25 de marzo do 2024 S. P.

O pasado venres 22 de marzo celebrouse na Sala Cloud a Asemblea Ordinaria do CITIC 2024. Nela, o director do centro, Manuel F. González Penedo, expuxo os principais resultados e as accións levadas a cabo durante o pasado ano. Ademais, tamén explicou as liñas e orientación estratéxica que tomará o centro durante 2024.
Pola súa banda, o subdirector do centro, Javier Pereira, animou ao persoal investigador e membros do CITIC a participar en proxectos como Talentos Inclusivos, o congreso XoveTIC e as comisións creadas no centro en materia de ética, formación e igualdade de xénero. Seguindo este fío, informou de que poden implicarse para “orientar aos centros escolares e docentes no desenvolvemento dos retos en Talentos Inclusivos”, ou “participar como moderador o moderadora no congreso XoveTIC”. Así mesmo, recalcou que o uso das salas e materiais do centro está ao dispor dos investigadores e investigadoras que necesiten usalos, como a Sala de Realidade Virtual ou o Centro de Procesado de Datos (CPD).
Ao encontro asistiron membros de toda a comunidade CITIC, para que tivesen coñecemento das tarefas realizadas en canto a investigación, transferencia, innovación, formación, comunicación e RRI.

PUBLICIDADE