O Asus N10, o ultraportátil con tarxeta gráfica con memoria dedicada e saÃda HDMI
venres, 5 de setembro do 2008
Estamos afeitos a
ver que os ultraportátiles que chegaron ao mercado nos últimos meses sexan
equipos de pouca potencia, polo que o novo Asus N10 sorprenda por tratarse dun
equipo con pantalla de 10.2 polgadas (cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles)
que incorpora conexión HDMI (saÃda de vÃdeo de alta definición) xa que non
emprega unha tarxeta de vÃdeo básica, senón que conta
no seu interior cunha nVIDIA GeForce 9300 GS (con 256 Mb de memoria
dedicada).
Incorporar unha tarxeta de vÃdeo potente pode mellorar as posibilidades deste
portátil con procesador Intel Atom, 2 Gb de RAM, disco duro de 320 Gb,
Bluetooth, webcam, Ethernet, Wi-Fi, lector de pegadas dixitais, 3 portos USB e
unha baterÃa de 6 celas que promete
dar unha autonomÃa de 6,5 horas nunha única carga, o que sorprende,
pois con toda esta potencia agardábase un consumo moi superior.
Pero non todo son vantaxes neste novo ultraportátil, pois a súa potencia e
versatilidade vai á par do seu prezo, non
podendo entrar na familia do baixo custo
pois poderÃa custar ata 1.140 dólares, o que está moi afastado dos prezos aos
que Asus nos tiña afeitos cos seus Eee PC.