O 10 de setembro chega a Europa o PlayTV

martes, 22 de xullo do 2008 Marcus Fernández

O vindeiro 10 de setembro é a data elixida por Sony para que o PlayTV chegue ás tendas europeas ao prezo de 99 euros. Este accesorio para a PS3 permitirá gravar no disco duro da consola contidos da TDT, incluso mentres vemos outra canle.
Con este dispositivo Sony pretende impulsar o uso da súa consola de videoxogos doméstica coma centro multimedia, de xeito que xa non só reproducirá películas en Blu-ray e vídeos descargados da Internet, senón que tamén servirá para visualizar contidos televisivos.